HomeOurenseO Concello renova o parque infantil da rúa Alfonso X e instala...

O Concello renova o parque infantil da rúa Alfonso X e instala un novo nas traseiras da avda. Otero Pedrayo

- Anuncio -spot_img

O Goberno local inviste 65.000 euros na rehabilitación dos elementos de xogo no barrio da Cruz Alta e nun novo parque no barrio das Lagoas

A cidade conta con dous novos parques infantís: na rúa Alfonso X, no que se rehabilitou a illa de xogos e instaláronse novos elementos, e nas traseiras da avenida de Otero Pedrayo, onde se prepararon 136 m2 de terreo para instalar un parque de aventuras e tres elementos de xogo.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta mañá ambos emprazamentos, que suman un investimento de 64.884,85 euros e permitirán que as crianzas dos barrios da Cruz Alta e das Lagoas, respectivamente, poidan gozar de novos espazos de lecer dentro da cidade.

Publicacións Relacionadas