Home Ourense O Concello renova por completo o parque de Avilés de Taramancos

O Concello renova por completo o parque de Avilés de Taramancos

- Anuncio -

Consolidáronse os elementos deteriorados e acometéronse innovacións para facer o espazo máis atraente para a cidadanía

O investimento total foi de 40.000 euros

O Concello de Ourense reformou o parque de Avilés de Taramancos cunha renovación e mellora integral dos seus elementos. Desde a consolidación de elementos até as innovacións acometidas, o parque presenta unha faciana máis atraente para as numerosas persoas que pasean cada día polo Paseo do Barbaña. O investimento total das actuacións é de 40.000 euros.

Ademais de arranxar os existentes, instaláronse novos bancos. Entre eles, bancos inclusivos, adaptados para persoas con mobilidade reducida. Neste sentido, instalouse tamén un paseo de plantas aromáticas deseñado para persoas con visibilidade reducida.

En canto á parte vexetal, fíxose unha reposición total do xardín vertical -no momento da inauguración, en 2010, o único curvo e vertical en España- con 2.300 plantas, enxertadas en gaiolas cheas de terra e pedra: romeus, gramíneas, caraveis… Unha das actuacións máis importantes neste sentido foi a reposición do rego.

Importante mellora foi tamén a de mudar unha das dúas bombas que alimentan o sistema hídrico do parque -que move 1,5 millóns de litros de auga-. Con isto, recupéranse os sete chorros -agora en funcionamento na súa totalidade-, que poden chegar até os 11 metros de altura, regulables en función das condicións do vento.

Igualmente, recuperouse o escenario fronte ao lago, coa grada cuberta de vexetal sobre un patrón de pavimento chamado Panot de Gaudí, o que se pode atopar no Paseo de Gracia de Barcelona e cuxos orixinais están expostos no Museo de Arte Contemporánea de Nova York.

O parque segue a contar cun tobogán, único na cidade, e cunha caixa de correos de intercambio de lecturas.

Relacionadas

A Deputación colaborará co Concello de Beariz no impulso ao parque empresarial e a...

0
O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Beariz, Manuel Prado Manuel Baltar comprometeu a colaboración coas iniciativas...

Fin de festa con Aldearmos

0
Remata Aldearmos coa sensación do traballo ben feito e cun último evento onde se achegaron persoas de todas as idades a gozar da música...

Nacho Campo, Marco Carballal e Manuel Fernández participaron na presentación dos candidatos más novos...

0
Os cabezas de lista de Maside, Montederramo e Baños de Molgas interviron no acto presidido por Alfonso Rueda, que reivindicou aos candidatos máis novos...

Teo Cardalda e Sole Giménez gravan en Ourense o videoclip de “Auga soy”, unha...

0
Cardalda e Giménez percorren no vídeo puntos emblemáticos asociados á auga e o termalismo da provincia como os ríos Miño, Sil e Avia; As...

A Deputación de Ourense impulsará e cofinanciará a dixitalización dos servizos sociais municipais

0
A administración provincial lanzará nas vindeiras semanas unha liña de axudas para o cofinanciamento da dixitalización dos servizos sociais municipais, co primeiro obxectivo do...

O Concello completa as obras de acondicionamento do firme de tres rúas no perímetro...

0
Os proxectos supuxeron un investimento total de 100.000 euros O Concello de Ourense rematou esta semana obras de acondicionamento de firme en 3 rúas do...

Publicacións Relacionadas