O Concello reordena o tráfico nas rúas Benito Vicetto e Telleira para aumentar a seguridade viaria

adminON
Lectura mínima de 1

As dúas rúas serán de sentido único desde comezos da próxima semana

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense reordenará o tráfico nas rúas Benito Vicetto e Telleira, que pasarán a ser vías de sentido único para incrementar a seguridade viaria na zona.

Así, a rúa Benito Vicetto pasará do dobre sentido de circulación actual a sentido único ascendente, desde a rúa Doutor Temes, e a rúa Telleira pasará a ser de sentido único descendente, desde Bernardo González Cachamuíña cara a Doutor Temes. Con estes dous cambios, configuraranse fluxos independentes e gañaranse prazas de aparcamento en ambas as rúas e eliminaranse os xiros á esquerda. Os vehículos procedentes de Bernardo González Cachamuíña que desexen acceder a Doutor Temes deberán circular pola rúa Telleira.

O Concello traballará esta fin de semana para realizar a sinalización da zona. Os cambios entrarán en servizo o vindeiro luns, 8 de setembro, salvo que as  condicións climatolóxicas non permitan rematar os traballos.

Comparte este artigo