HomeOurenseO Concello retira un magnolio que caeu no Xardín do Posío

O Concello retira un magnolio que caeu no Xardín do Posío

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense retirou esta mañá un magnolio que, arredor das 6.30 horas, caera por colapso no Xardín do Posío sen ocasionar danos nin materiais nin humanos, máis aló dun pequeno anaco de valado, que será reposto. As causas do colapso apuntan a unha sobresaturación do terreo no que se asentaba este exemplar, logo das intensas choivas rexistradas durante as últimas datas, que ocasionaron unha perda da capacidade portante do terreo, cun abrandamento que debilitou a ancoraxe radicular.

Publicacións Relacionadas