HomeOurenseOurenseO Concello saca a concurso a mellora da accesibilidade vertical ao barrio...

O Concello saca a concurso a mellora da accesibilidade vertical ao barrio da Cruz Alta e a demolición do matadoiro para construír o parque acuático termal

- Anuncio -spot_img

O alcalde cualifica de “emblemáticas” ambas intervencións, que prevé iniciar antes de que remate este ano

O Concello de Ourense saca a concurso no día de hoxe a execución das obras dos proxectos de mellora da mobilidade vertical no barrio da Cruz Alta e de demolición do antigo matadoiro para construir nos seus terreos o futuro parque acuático termal. Así o avanzou este mediodía o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen puxo de manifesto o carácter “emblemático” destas actuacións, que agarda que se poidan adxudicar no prazo de 2 ou 3 meses e comezar a executarse antes de final do actual ano 2022.

Pérez Jácome destacou a relevancia especial da intervención no barrio da Cruz Alta dado que, lembra, “foi a primeira promesa que se fixo en Ourense cidade dun enclave que necesitaba claramente dun sistema de elevación vertical. Por iso a levamos a pleno hai uns anos, e agora vemos que comeza a facerse realidade”. O proxecto enmárcase no plan de actuacións que desenvolve o Concello para mellorar a accesibilidade e a mobilidade vertical naquelas contornas urbanas que polas súas pendentes o precisan. É o caso da rúa da Concordia, cuxas obras xa se está a executar na actualidade e de máis proxectos que se irán licitando proximamente nos diferentes barrios da cidade.

Tamén destacou o rexedor a importancia do proxecto de demolición do matadoiro, emprazado nas proximidades da zona termal. Un espazo onde, explica Jácome, “en vez de poñer a primeira pedra, quítase”, xa que o obxectivo final desta intervención é eliminar a actual construción para que os terreos nos que se empraza acollan o futuro parque acuático termal da cidade. “Son dúas noticias impresionantes no día de hoxe”, concluiu o rexedor.

Publicacións Relacionadas