HomeOurenseO Concello solicítalle á Xunta que adopte medidas que garantan a seguridade...

O Concello solicítalle á Xunta que adopte medidas que garantan a seguridade no espazo baixo a nova pasarela do Barbaña

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense solicítalle á Xunta de Galicia que adopte medidas que garantan a seguridade e salubridade no espazo situado baixo a pasarela peonil que está a construír na marxe do río Barbaña.

O concelleiro de Infraestruturas, Francisco Lorenzo, trasladou esta demanda á administración autonómica durante a visita ás obras na zona de Ponte Codesal, na que participaron tamén Pilar Fernández León,  directora territorial de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Marcos Buide Pollán, director provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia e responsables da empresa construtora Extraco.

O concelleiro de Infraestruturas explicou que a estrutura peonil, que conecta as proximidades das Burgas con La Molinera, se eleva case dous metros sobre o chan, o que deixa un amplo espazo baleiro e completamente accesible desde o exterior por debaixo da pasarela. Esta circunstancia, advertiu, pode xerar riscos de seguridade e salubridade.

“Trasladámoslle á Xunta a nosa preocupación, porque esta obra non pode quedar así. Deixa un espazo completamente accesible, no que cabe perfectamente unha persoa, e se non impiden o paso pode dar lugar a problemas de seguridade e salubridade. Xa llo advertimos con anterioridade e volveremos facelo tamén por escrito. Pedímoslle que busquen unha solución, como pode ser pechar o acceso cunha malla metálica ou outra opción alternativa ”, avanzou o concelleiro.

Publicacións Relacionadas