Home Ourense O Concello suprime a elección do Rei ou Raíña do Entroido por...

O Concello suprime a elección do Rei ou Raíña do Entroido por ser unha figura “anacrónica, xa que reis e raíñas son todas as persoas que participan na festa”

- Anuncio -

O goberno municipal eliminará este ano da programación do Entroido de Ourense a elección do Rei ou Raíña do Entroido. O goberno municipal entende que esta é “unha figura anacrónica xa que os reis e raíñas do Entroido son todas persoas que participan na festa”. Explican a este respecto que “o Entroido non vai de entronizar unha figura, non é unha festa de misses e misters, senón unha festa popular, de todo o pobo, e da que todas as persoas son protagonistas”.

O goberno municipal potenciará a celebración da festa fomentando ese carácter popular, con apostas como a do gran desfile de Entroido, e a súa extensión ao público infantil, coa celebración dun desfile de nenas e nenos o venres de Entroido.

Neste sentido, o alcalde avanzou o pasado luns en rolda de prensa que o Concello mantén o “Plan A” para a celebración desta festa, coa confianza de que a pandemia remita e non aumenten as restricións. Haberá, dixo, 4 grandes orquestras, carpas para actividades e unha zona de Entroido Infantil con carpas durante os 4 días, amais do desfile infantil, o gran desfile do Entroido e o Enterro da Sardiña. Serán, dixo, unhas festas nas que confía en “manter chea a Praza Maior desde o sábado até o martes de Entroido, como fixemos en 2020”. A programación festiva terá como colofón o concerto que ofrecerá a cantante Marta Sánchez no Auditorio Municipal de Ourense o sábado, día 5 de marzo.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas