HomeOurenseO Concello suspende os premios por xubilación para o persoal municipal previstos...

O Concello suspende os premios por xubilación para o persoal municipal previstos no seu acordo regulador

- Anuncio -spot_img

O alcalde Pérez Jácome asegura que son “inxustos e ilegais”, e “a primeira das prebendas do funcionariado do Concello que imos eliminar”

O Concello de Ourense suspenderá cautelarmente os premios por xubilación para o seu persoal incluídos no acordo regulador das condicións de traballo para os empregados do Concello. Así o avanzou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen considera que estes premios, que contan cunha dotación económica de 1.100 euros, son “inxustos e ilegais”, polo que serán “a primeira da prebendas do funcionariado do Concello que imos eliminar”. O alcalde avanza que a dos premios por xubilación será unha suspensión cautelar, que confía que se converta en definitiva proximamente, logo de coñecer unha sentenza que avala a súa supresión.

Gonzalo Pérez Jácome destaca que “é a primeira dunha larga lista de privilexios que perciben as/ os empregados municipais, nun acordo regulador, que este alcalde intentará eliminar, privilexios que se nutren das contas públicas do Concello, tales como gafas, libros, dentistas, carnés de conducir, anticipos a interese 0%, incluso se contempla unha partida para gastos nupciais (o colmo, segundo o alcalde). Son prebendas que non perciben os empregados públicos nacionais nin autonómicos, pero que PP, PSOE e BNG sempre defenderon para os empregados do Concello de Ourense (en realidade as prebendas as implantou o PP antes de 2007, e foron revalidadas por PSOE e BNG no bipartito 2012)”.

Ademais, o alcalde, quere que todas as partidas de axudas sociais destinadas ao persoal municipal do Concello de Ourense se destinen en realidade á cidadanía máis necesitada de Ourense. É dicir, de dispensar axudas sociais, estas deberán ser para os máis necesitados da cidade e non para os que xa estean mellor e que xa teñen salarios máis que dignos.

Publicacións Relacionadas