Os servizos xurídicos do Concello estudian se é posible abrir a zona ao público cun cartel que recomende non bañarse nelas
“A lei da Xunta fai augas”, asegura o alcalde Gonzalo Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, os e representantes de todos os grupos municipais mantiveron esta mañá unha xuntanza co delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, e técnicos das dúas administracións para tratar a situación das pozas do Muíño da Veiga.
O Concello de Ourense recibiu a semana pasada unha comunicación da Xunta de Galicia que o requiría a prohibir o baño de xeito permanente ou recomendar á xente que non se bañe nelas. Argumentaba a Xunta que o espazo non reúne as condicións para ser considerado zona de baño nin ten autorización para uso como espazo termal no marco da Lei 8/2019 de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.
Malia a solicitude realizada desde o Concello, a Xunta de Galicia manifestou que non ten intención de levar a cabo unha modificación da normativa de augas termais que se adapte ás características específicas de termas como estas. En consecuencia, advirtiron desde a Xunta que o Concello deberá solicitar a catalogación das augas como termais e mineiro medicinais e, posteriormente, realizar as obras que sexan necesarias para que as instalacións se adapten ao establecido na Lei 8/2019, sempre que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil autorice a execución das ditas obras.
A curto prazo, os servizos xurídicos do Concello estudiarán nas próximas 48 horas se as instalacións actuais poden abrirse ao público cos carteis que indica a Xunta coa “prohibición permanente de baño ou recomendación de non bañarse. Porén, o goberno municipal “ten claro que a auga é totalmente sana aínda que non cumpra coa normativa da Xunta”.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, explicaba ao remate da reunión que “a Xunta de Galicia trasladou que non ten vontade de promover un cambio normativo adaptado ás especificidades de termas como as de Ourense: non están polo labor. Din que intentemos catalogar as augas e, unha vez que se cataloguen, adecualas á lei, sempre que o autorice a Confederación Hidrográfica, algo que tampouco está claro que vaian facer. Está difícil pero hai que tramítalo”, manifestou o alcalde
Pérez Jácome explicou que “esta é unha cuestión a medio prazo, que pode levar un ano, dous ou tres. Primeiro tramitarase a catalogación de augas termais, que pode ser un mes ou dous, e despois a de augas mineiro medicinais, que podería chegar a levar un ano, e logo habería que facer obras para que esas augas tivesen aproveitamento lúdico. Son unas obras relativamente pequenas pero que terían que ser autorizadas pola Confederación”, subliña.
Por outra banda, “a curto prazo, os servizos xurídicos municipais estudiarán se se poden abrir as pozas con eses carteis informativos que nos di Xunta, nas que os responsables serían os propios bañistas”. Incide, sen embargo, en que “o que está claro é que a auga das pozas do Muiñó é totalmente sana, aínda que non cumpla a normativa da Xunta”.
Porén, conclúe o alcalde é que “está claro é que a Lei da Xunta de usos termais fai augas, ten aspectos que non están apoiados en estudios científicos concluíntes·”, e cita o exemplo de mecanismos de medición da salubridade “peregrinos e arbitrarios, como a de renovar as augas cada 4 horas, independentemente do número de bañistas que a estean utilizando””.

