O Concello traslada á carpa da Praza Maior a sesión de DJ desta noite polo Xoves de Comadres, a causa da chuvia

adminON
Lectura mínima de 4

As condicións climatolóxicas obrigan a suspender o desfile de Entroidos Tradicionais de mañá pola tarde

O desfile escolar previsto para mañá pola mañá levarase a cabo se o tempo o permite

A Policía Local informa do dispositivo de tráfico do Entroido 2024

O Concello de Ourense trasladará á carpa instalada na Praza Maior a sesión de DJs do Xoves de Comadres, a cargo de DJ Marcos, DJ Marcos Gómez, DJ Michenlo, prevista para hoxe, ás 23.59 horas na rúa do Progreso. O Concello adopta esta decisión á vista das previsións climatolóxicas para esta noite, de vento e chuvias intensas motivadas pola borrasca Karlotta.

As condicións climatolóxicas obrigaron tamén a suspender unha das actividades incluídas na programación festiva: o desfile de Entroidos tradicionais previsto para mañá, venres, ás 20.00 horas. Pola súa banda, o desfile escolar organizado polo Concello para mañá pola mañá levarase a cabo se as condicións climatolóxicas o permiten. O mesmo ocorrerá cos desfiles escolares dos barrios das Lagoas, Covadonga, As Eiroás e O Vinteún.

As restantes actividades do programa do Entroido de Ourense para mañá, venres, son:

Animación das rúas da cidade coas charangas Trópico de Grelos, Tatoo e Os Caliqueños, desde as 20.00h e con Támega, Dr. Anchoa, Alambique, Nova terra de Trives, Noroeste e Mekánika desde as 00.00h
Baile coa orquestra Satélites na Praza Maior, que se adianta ás 20.00h. Xusto antes terá lugar o micropregón das festas por parte do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.
Actuación de Festicultores Troupe á 01.00 h en Santa Eufemia
O dispositivo de tráfico deseñado pola Policía Local para as festas prevé varios cortes de tráfico:

Mañá, venres, 9 de febreiro

Para mañá están organizados varios desfiles escolares, que se desenvolverán se as condicións climatolóxicas o permiten. De ser o caso, causarían cortes de tráfico no seu percorrido:

Desfile escolar do Concello: Desde as 11.30 h: Praza Maior, Paseo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza Maior
Desfile CEIP Mestre Vide: Desde as 11.30 h: Curros Enriquez-Sáenz Díez, Florentino Cuevillas, Avenida da Habana, Curros Enriquez, Mestre Vide.
Desfile CEIP Virxe de Covadonga (Desde as 10.30 h): Cibeles, Praza de Covadonga, Rampla Zaragoza, Rúa dos Chaos, Alejandro Pedrosa, Santa Teresita, Parque de Santa Teresita, Chaos, Rampla Zaragoza, Cibeles.
Desfile CEIP Divino Mestre: Desde as 12.15 horas: Rúa María Soledad da Cruz, rúa Río Mente (entre rúa Río Xares e rúa río Cobas)
Sábado, 10 de febreiro

Ás 15:00 h, corte de tráfico na rúa do Progreso-Alameda desde a baixada á Praza de Abastos ata a glorieta de San Rosendo. Este corte será permanente até a retirada da carpa da Alameda, prevista para a madrugada do martes ao mércores.

Domingo, 11 de febreiro

Ás 14:30 cortarase o tráfico de acceso ao circuíto do desfile de comparsas do Entroido (As Lagoas, Curros Enríquez, Xoán XXIII e rúa do Progreso).

Luns, 12 de febreiro.

Ás 20:00 horas cortarase o acceso ao circuíto do desfile de Frei Canedo (Ponte Vella, As Caldas, Eulogio Gómez Franqueira, Xesús Pousa e Avenida das Caldas)

Comparte este artigo