HomeOurenseOurenseO Concello ultima o proxecto para construír un aparcadoiro de 327 prazas...

O Concello ultima o proxecto para construír un aparcadoiro de 327 prazas na rúa Dalí, que dará servizo ao barrio do Couto, Pavillón e Xulgados

- Anuncio -spot_img

O proxecto está a expensas dun informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil


O Concello agarda licitar en 6 meses as obras, cun investimento de 6,5 millóns de euros

O Concello de Ourense está a expensas dun informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para finalizar o proxecto dun aparcadoiro de 327 prazas no subsolo da rúa Salvador Dalí. Este futuro aparcadoiro dará servizo á veciñanza do barrio do Couto, así como as persoas usuarias do Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios e do novo edificio de xulgados.

O proxecto suporá un investimento de 5.371.000 euros máis IVE (6,5 millóns de euros, IVE engadido). O Concello de Ourense explotará o aparcadoiro con tarifas de baixo custo para acadar a maior accesibilidade cidadá.

O Concello agarda poder licitar esta obra tan pronto como a Confederación Hidrográfica informe, nun prazo de 6 meses, aproximadamente.

Publicacións Relacionadas