HomeOurenseO Consello Municipal de Deportes abre o prazo para a contratación de...

O Consello Municipal de Deportes abre o prazo para a contratación de persoal técnico de administración xeral

- Anuncio -spot_img

O prazo de entrega de solicitudes, a través do Rexistro xeral ou da sede electrónica, estará aberto durante os vindeiros 10 días naturais.

O Consello Municipal de Deportes (CMD) do Concello de Ourense abre mañá martes, 2 de marzo, o período de inscrición nas listaxes de contratación de persoal Técnico de Administración Xeral.

Segundo se recolle nas bases, a solicitude coa documentación pódese entregar no Rexistro do Consello Municipal de Deportes [no Pavillón dos Remedios, en Pardo de Cela 2] ou na sede electrónica do CMD [https://deportesourense.sedelectronica.gal] no prazo de 10 días naturais contados desde mañá. Con esta convocatoria estréanse as novas bases xerais para a contratación de persoal do CMD.

O Consello precisa nestes intres cubrir unha praza para persoal técnico de administración xeral, aínda que a lista que se elabore a través desta convocatoria terá unha vixencia de 3 anos.

Publicacións Relacionadas