O Defensor del Pueblo, Francisco Fernández Marugán remitiulle unha carta ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na que lle expresa o agradecemento da institución ao corpo da Policía Local de Ourense pola súa colaboración no proxecto Abaco.
Ábaco é unha iniciativa que ten como obxectivo elaborar un mapa con todos os lugares de privación de liberdade que existen en España, dotar de máis transparencia estes lugares e fomentar un mellor coñecemento da realidade na que se desenvolve a privación de liberdade.
A Policía Local de Ourense colaborou neste proxecto proporcionando a información que lle foi solicitada dentro da campaña de recollida de datos a través dunha web segura do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura e outros datos ou penais crueis, inhumanos e degradantes.
“Queremos agradecer a participación dese Concello neste proxecto que aporta transparencia ao importante labor de seguridade pública da que se corresponsabilizan os corpos locais de Policía como a dese Concello”, sinala Fernández Marugán, quen lle solicita ao alcalde que “lle traslade o noso agradecemento ao persoal da Policía Local que atende os requirimentos desta institución”.
A información recollida neste proxecto pódese consultar na ligazón https://abaco.defensordelpueblo.es