O Enterro da Sardiña ocasionará cortes de tráfico esta tarde en treitos das rúas Curros Enríquez e Concello

adminON
Lectura mínima de 1

A Policía Local do Concello de Ourense reitera que o desfile do Enterro da Sardiña requirirá realizar cortes de tráfico esta tarde na cidade para que a actividade se poida realizar dentro das marxes de seguridade. Concretamente, ás 19.00 horas pecharase a rúa Curros Enríquez, no treito comprendido entre a rúa do Paseo e a Avenida da Habana. Tamén se pechará, no mesmo horario, a rúa Concello, no treito comprendido entre Xoán XXIII e Parque de San Lázarpo. Durante o corte, o tráfico desviarase pola rúa Xoán XXIII.

O desfile sairá da Praza Maior e percorrerá as rúas Lamas Carvajal e Paseo até rematar fronte á Subdelegación do Goberno.

Comparte este artigo