· “Pasaron xa máis de sete anos e medio desde a conmemoración do Centenario da Ponte Nova e resulta moi evidente que se necesitan novas actuacións de limpeza na pedra, eliminación de maleza e pintadas vandálicas, solucionar os problemas de humidades baixo os arcos ou repintado da estrutura metálica”, sinala o deputado Celso Delgado
Os deputados ourensáns do PP no Congreso, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana rexistraron o 20 de febreiro de 2026 no Congreso estas preguntas escrita dirixidas ao Goberno:
¿Reconoce el Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible la necesidad de realizer en el Puente Nuevo de Ourense las labores de limpieza de la piedra, de eliminación de maleza y pintadas vandálicas, de actuaciones para solucionar problemas de humedades bajo los arcos y repintado de la estructura metálica, etc?
¿Se comprometerá el Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible la ejecutar en el año 2026 en el Puente Nuevo de Ourense las tan necesarias actuaciones de limpieza de la piedra, de eliminación de maleza y pintadas, solucionar problemas de humedades bajo los arcos, etc.?
A resposta do Goberno socialista chegou o 25 de marzo de 2026 e foi a seguinte: “En relación con el asunto interesado, se señala que el Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible realiza un mantenimiento de forma continua, priorizada y programada de las estructuras de la Red de Carreteras del Estado, en función de la urgencia y de las disponibilidades presupuestarias”
En el Puente Nuevo de Ourense, en 2018, se ejecutó una limpieza integral y el mantenimiento y reparación de algunos elementos, además de una iluminación decorativa”
VALORACIÓN DA RESPOSTA
Chama atención a “displicencia “coa que o Ministerio de Transportes contesta a nosa pregunta sen pronunciarse sobre a necesidade de facer labores de limpeza e reparacións na Ponte Nova de Ourense. Como se fora unha estrutura máis da rede de estradas, cando é unha icona da nosa cidade.
Todos os que vivimos en Ourense sabemos que esta ponte singular inaugurada en xullo de 1918 precisa de labores de limpeza da pedra, de eliminación de maleza e de pintadas vandálicas realizadas por desaprensivos, de actuacións para solucionar problemas de humidades baixo os arcos, e repintar a estrutura metálica, etc.
Lembramos que o 8 de maio de 2018 o Ministerio de Fomento, sendo o titular Iñigo de la Serna, con motivo do Centenario da posta en servizo da Ponte Nova en Ourense, publicou unha nota de prensa dando conta de que estaba a executar diversas actuacións para a reparación e posta en valor desa estrutura singular. Dicía aquela nota que “o orzamento aproximado desta actuación ascende a 100.000 euros. Actualmente estanse realizado actuacións de limpeza da pedra da ponte. Tamén se están facendo labores de despexe de vexetación ao redor da estrutura. Ao longo dos próximos meses está previsto reparar o firme na ponte e as súas proximidades e realizar un repintado do mesmo. Tamén se reparará e mellorará a iluminación desta estrutura para realzar o seu carácter monumental”
Certamente esas actuacións foron executadas en 2018 e serviron para realzar este monumento icónico dentro do patrimonio arquitectónico de Ourense. Un selo de Correos emitido ese mesmo ano dentro da serie denominada «Efemérides» conmemorou coa imaxe desta ponte o seu Centenario.
A realidade é que pasaron xa máis de sete anos e medio da conmemoración daquel centenario, polo que é moi necesario que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (MITMS) sexa sensible e execute as actuacións solicitadas, antes que o deterioro avance.
Debería tomar bo exemplo o MITMS dos traballos contratados pola Xunta de Galicia e finalizados en setembro de 2025 para o mantemento dos paramentos da Ponte Vella de Ourense que incluíron a retirada manual da vexetación e maleza nos paramentos de cantería, así como a limpeza das xuntas coa eliminación de terra e raíces. Seguiremos insistindo na nosa demanda.

