HomeOurenseOurenseO goberno municipal aproba os proxectos de modificacións orzamentarias para mobilizar 50,7...

O goberno municipal aproba os proxectos de modificacións orzamentarias para mobilizar 50,7 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

Presentará a proposta a aprobación por parte do Pleno, en sesión extraordinaria e urxente mañá ás 13:00 horas

O alcalde convoca tamén pleno este xoves, 9 de xuño, para aprobar a modificación das dotacións económicas aos grupos municipais

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou este mediodía en xuntanza extraordinaria os proxectos de modificación orzamentaria, por importe de 50,7 millóns de euros, que presentará a aprobación por parte do Pleno do Concello na sesión extraordinaria e urxente de mañá, convocada para mañá martes, 7 de setembro, que se celebrará ás 13:00 horas no salón de plenos.

Os proxectos elaborados polo goberno municipal teñen como finalidade mobilizar 50.732.759,19 euros procedentes do remanente de tesourería, para executar principalmente investimentos na cidade e reforzar partidas de diferentes áreas municipais.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, tamén convocou esta mañá unha sesión extraordinaria do pleno do Concello que se celebrará este xoves, 9 de xuño, ás 9:00horas, na que presentará a aprobación a proposta de modificación da base número 41 das bases de execución do orzamento vixente, relativa ás dotacións económicas aos grupos municipais.

Enviamos tamén as ordes do día e as propostas de acordo que se presentarán a aprobación nos dous plenos.

Publicacións Relacionadas