O goberno municipal levará a pleno en maio os Orzamentos do Concello para 2025

adminON
Lectura mínima de 1

O goberno municipal levará a pleno no mes de maio os Orzamentos do Concello para 2025. Así o avanzou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explicou que o primeiro paso se dará pasado mañá, xoves, 24 de abril, xa que o goberno municipal prevé aprobar os orzamentos do Consello Municipal de Deportes para 2025, no marco da xuntanza do consello reitor do CMD. Os orzamentos do organismo autónomo aumentarán un 27%, coa finalidade principal de manter o nivel de prestación de servizos actuais da entidade.

A aprobación dos orzamentos do CMD é un requisito previo para levar a debate diante do Pleno, no mes de maio, os orzamentos do Concello. O alcalde avanzou que “aínda que desde 2020 o IPC subiu un 19%, contemos o gasto e facemos un incremento orzamentario do 13%, subindo de 103 a 116 millóns de euros, pero aumentamos o gasto social en torno a un 30%”. Tamén adiantou o rexedor que “aínda que o IPC subiu un 19% nos últimos anos, baixamos un 3% o custo laboral, ao reducir un 15% o número de nóminas funcionariais”.

Comparte este artigo