O goberno municipal prevé convocar mañá, sábado, un pleno extraordinario para o vindeiro luns, 29 de decembro ás 9.00 horas, con 3 puntos na orde do día:
– Ordenanza do servizo de recollida de lixo
– Convenio cooperación do Concello de Ourense co Concello de Barbadás en materia de depuración de augas residuais.
– Recoñecemento extraxudicial de débeda con Viaqua ata 31/12/2024 (xa aprobada en pleno a dita partida).
Quedaría para o martes, 30, posiblemente ás 13.00 horas, outro pleno extraordinario de recoñecemento extraxudicial de débeda con Ecourense ata 31/12/2024 (xa aprobada en pleno a dita partida).



