HomeOurenseO goberno municipal replícalle ao PP que os pagos á concesionaria da...

O goberno municipal replícalle ao PP que os pagos á concesionaria da limpeza de edificios están ao día e os problemas da empresa “son alleos ao Concello”

- Anuncio -spot_img
  • Entende que as declaracións realizadas onte por Ana Morenza “só emiten malicia e un profundo descoñecemento”

En resposta ás declaracións realizadas no día de onte pola concelleira do grupo municipal do PP, Ana Morenza, o goberno municipal quere precisar que o Concello de Ourense está pagándolle puntualmente á empresa concesionaria do servizo de limpeza de edificios municipais, e que se a entidade ten algún problema de pagos en toda Galicia “é algo alleo ao Concello de Ourense”.

O goberno municipal entende que as manifestacións da concelleira “só emiten malicia e un profundo descoñecemento” da realidade, e ínstaa a que diga que pode facer o Concello para que a empresa lle pague ao seu persoal.

Publicacións Relacionadas