O tenente de alcalde, Armando Ojea reuniuse esta mañá con representantes da CEO
O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, mantivo esta mañá un contacto nas instalacións da Confederación Empresarial de Ourense co secretario xeral, Jaime Pereira, e a asesora xurídica, María de Miguel, para interesarse polas actuais circunstancias da folga do sector do metal.
Durante a reunión, os representantes empresariais expuxeron a súa visión e posición no conflito e o tenente de alcalde comunicoulles a vontade do goberno municipal de prestar a axuda que poida ser pertinente para contribuír no posible ao desbloqueo da situación.
O tenente de alcalde agradeceu a rapidez e a amabilidade con que foi atendida a súa petición desta reunión.
O goberno municipal é consciente da problemática derivada da folga e da dificultade dunha solución satisfactoria. Así e todo, mantén aberto o contacto tanto cos representantes sindicais como cos representantes do sector empresarial e reitera a súa disposición a mediar no posible para contribuír a unha solución do conflito.



