• Os respresentantes do PP de Ourense insisten en que a súa instalación é moi necesaria para que as persoas con mobilidade reducida ou que viaxan con grandes equipaxes teñan alternativa á larguísima rampla existente e cunha notable pendente que dificulta o seu uso
• “Non é xustificable que unha nova estación de alta velocidade careza dunha instalación tan necesaria”, afirma o deputado Celso Delgado
O 29 de xaneiro de 2025 os deputados ourensáns do Grupo Parlamentario Popular Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistraron no Congreso varias preguntas dirixidas ao Goberno solicitando resposta por escrito.
Partían dunha mesma exposición de motivos que dicía: “O 20 de decembro de 2021 tivo lugar a viaxe de inauguración da liña Madrid-Ourense, que contou coa asistencia da súa Maxestade O Rey Felipe VI e outras relevantes autoridades do Estado. O tren saíu de Madrid ás 9:42 da mañá, fixo en Zamora a súa primeira parada e en Galicia efectuou a segunda ás 11:35, na nova estación de alta velocidade “Porta de Galicia” do concello ourensán da Gudiña.
A nova estación da Gudiña atópase a pouco máis de 75 quilómetros de Ourense e atende a demanda de veciños desta localidade, pero sobre todo dos habitantes das comarcas de Monterrei e Valdeorras e da área do distrito de Tras-Móntesvos- próxima a Chaves e o de Vila Real. Tamén é utilizada por peregrinos da Vía da Prata que chegan aquí e inician nesa localidade o Camiño de Santiago.
Xa transcorreron tres anos desde aquela inauguración e constatamos o crecente incremento de usuarios que a utilizan, pero desexamos coñecer as cifras oficiais e por iso preguntamos”
Cal foi en 2024 o número de viaxeiros que subiron e baixaron na estación “Porta de Galicia” da Gudiña, correspondentes á relación de Alta Velocidade Madrid-Galicia operada por RENFE?
Desde o 20 de decembro de 2021 ata o 31 de decembro de 2024 cal foi o número de viaxeiros que subiron e baixaron na estación “Porta de Galicia” da Gudiña, correspondentes á relación de Alta Velocidade Madrid-Galicia?
O 5 de marzo de 2025 o Goberno deu esta RESPOSTA:
“Infórmase as súas Señorías que, desde a súa apertura ata o 31 de decembro de 2024, a cifra de viaxeiros subidos e baixados na estación “Porta de Galicia” da Gudiña foi de 107,4 (miles de viaxeiros).
Do mesmo xeito, durante o ano 2024 a cifra de viaxeiros subidos e baixados nesta estación alcanzou os 38,6 (miles de viaxeiros).”
E ademais formularon estoutra pregunta que dicía:
“Fai pois tres anos daquela inauguración e o número de viaxeiros que utilizan a estación “Porta de Galicia” creceu exponencialmente. Na data desta pregunta, oito trens pairan diariamente”, catro en cada sentido, o que supón unha oferta considerable.
Con carácter xeral esta terminal de viaxeiros responde as necesidades dos usuarios, pero hai unha moi notable carencia na accesibilidade. As vías e plataformas da estación atópanse nun plano superior de modo que os viaxeiros que chegan ao vestíbulo teñen dúas opcións: ou subir a pé unhas escaleiras, ou utilizar unha larguísima rampla en zig zag cunha considerable pendente.
Inexplicablemente nesta estación de alta velocidade, ADIF non instalou un ascensor, a pesar de ser inaugurada co correspondente oco para a súa colocación, xa que figuraba no proxecto esa construción.
Xa o 17 de maio de 2022 os dous primeiros asinantes desta pregunta, interrogamos ao Goberno e preguntabamos: Atendendo á demanda dos usuarios e en aras a garantir unha mellor accesibilidade universal, está disposto ADIF-AV/AV a instalar un ascensor na Estación de Alta Velocidade Porta de Galicia na Gudiña?
A resposta gobernamental, que nos pareceu moi decepcionante, chegou o 16 de xuño de 2022 e foi a seguinte: “A estación da Gudiña-Porta de Galicia, a pesar de que carece de ascensores e escaleiras mecánicas, dispón dun itinerario accesible para persoas con mobilidade reducida xa que conta con ramplas que garanten a accesibilidade. Por este motivo, non está prevista a curto/medio prazo a instalación dun ascensor na devandita estación”
Exposto o anterior, consideramos que tres anos despois da inauguración desta estación, e @teniendo en cuenta o moi considerable crecemento de viaxeiros, chegou o momento de que ADIF como titular da estación tome neste ano 2025 o acordo de instalar ese ascensor que consideramos moi necesario para que os viaxeiros que vén cargados con grandes equipaxes, así como as Persoas con Movilidad Reducida (PMR) teñan un medio máis cómodo e que requira menos esforzo que a utilización da larguísima rampla hoxe existente que se fai moi gravosa para moitas persoas.
O custo desta instalación é moi moderado en relación co conxunto do diñeiro investido na construción e equipamento desta estación. E ademais a accesibilidade universal é unha das liñas de actuación básicas na prestación dos servizos ferroviarios por parte de Adif-AV/AV e por iso está obrigado a facer das infraestruturas e instalacións ferroviarias un espazo cada vez de maior valor para a cidadanía, xerador de benestar, progreso e cohesión social.
E por iso preguntamos: Atendendo á demanda dos usuarios e en aras a garantir unha mellor accesibilidade universal, adoptará ADIIF-AV/AV o acordo de instalar en 2025 un ascensor na estación de alta velocidade “Porta de Galicia” da Gudiña?,
O 3 de marzo de 2025 o Goberno deu esta RESPOSTA:
“En relación co asunto interesado, sinálase que actualmente a estación da Gudiña cumpre cos parámetros normativos de accesibilidade e persoas con mobilidade reducida.
As actuacións que se realizaron entón na nova estación de alta velocidade cumpren actualmente coa normativa vixente, a pesar de que poida existir un incremento de viaxeiros.
Desde Adif non existe actualmente en execución un proxecto de instalación de ascensores”
A nosa VALORACIÓN DAS RESPOSTAS
Consideramos realmente lamentable a falta de sensibilidade e interese do Goberno de Pedro Sánchez e de ADIF-AV/AV cara aos usuarios da estación de alta velocidade da Gudiña. As cifras non parou de crecer desde a súa inauguración en decembro de 2021, pois xa foi utilizada por 107.400 viaxeiros que subiron ou baixaron nesta terminal, deles 38.600 en 2024.
Por iso non é de recibo a resposta de que se “cumpre coa normative vixente a pesar do incremento de viaxeiros” e que “non hai en execución un proxecto de instalación de ascensor”
Insistimos en que a instalación deste ascensor é moi necesario para que as persoas con mobilidade reducida ou que viaxan con grandes equipaxes teñan un medio máis cómodo e que requira menos esforzo que a utilización da larguísima rampla hoxe existente que se fai moi gravosa para moitas persoas.
Ademais o oco para a súa colocación xa está executado, polo que o custo de instalar o elevador é moi moderado en relación co montante de diñeiro investido na construción e equipamento desta estación e do conxunto da LAV a Galicia.
Os deputados populares seguiremos insistindo nesta xusta demanda ata conseguir que ADIF-AV/AV e o goberno socialista rectifiquen.
Non é xustificable que unha nova estación de alta velocidade careza dunha instalación tan necesaria“, afirma o deputado Celso Delgado.

