O alcalde MANUEL CERDEIRA ven presuntamente de presionar e ameazar a traballadoras que prestan axuda as persoas máis maiores do Concello do Irixo para que faciliten o voto por correo das persoas maiores ao seu cargo en beneficio del mesmo.
O alcalde MANUEL CERDEIRA usa o seu cargo para que estas persoas colaboren neste trámite en beneficio do rexedor, presionando e ameazando e manifestándolles de que un cambio de alcaldía podería facer perigar os seus postos de traballo.
O portavoz socialista e candidato a alcaldía Iago Fariñas Valiña, asegura que ningún traballador/a do Concello ou mancomunidade que traballen para O Irixo, e especialmente as traballadoras de axuda a domicilio veranse afectadas por ningún cambio de goberno no Irixo si Fariñas acada a alcaldía, CALQUERA MANIFESTACIÓN EN SENTIDO CONTRARIO É FALSA.
O portavoz socialista e candidato a alcaldía Iago Fariñas Valiña garantiza que os servizos do Concello do Irixo deben seguir funcionando, máis e mellor, e os postos de traballo están garantidos, as traballadoras non consolidadas deben consolidarse como indefinidas segundo a última reforma laboral do Goberno de España.
Os socialistas, piden O alcalde MANUEL CERDEIRA, que deixe de chamar para presuntamente presionar e ameazar a xente por votos a cambio de postos de traballo.
Lamentan unha vez máis os socialistas esta forma antidemocrática de facer política de MANUEL CERDEIRA que despois de non facer nada en 4 anos, pretende gañar as eleccións enganando a veciñanza e facendo trampas a democracia.