HomeOurenseO CarballiñoO Grupo Municipal Socialista de O Irixo denuncia que o alcalde Manuel...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo denuncia que o alcalde Manuel Cerdeira pretenda gañar as próximas eleccións secuestrando a democracia no Irixo

- Anuncio -spot_img

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo DENUNCIA que o alcalde MANUEL CERDEIRA PRETENDA GAÑAR AS PRÓXIMAS ELECCIÓNS SECUESTRANDO A DEMOCRACIA NO IRIXO.

Fai xa 7 meses nos que o alcalde non da acceso os socialistas a;

  • Xustificantes/facturas da conta xeral do ano 2021.
  • Compra/venta de castañas e comercialización, fabricación de fariña, etc.,
  • “Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022.
  • “Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”.
  • Programación e/ou concertos, actuacións e/ou actividades verán 2022.
  • Contratación de persoal do concello.
  • Obradoiro de emprego.
  • E os expediente de diferentes obras e gastos, entre outros…

A todo o anterior, súmase agora a falla de acceso os empadroamentos do Irixo dos últimos seis meses, que fai xa un mes solicitou o portavoz socialista Iago Fariñas Valiña.

“O acceso os expedientes foi concedido mediante silencio administrativo pola falla de resposta do Sr. Alcalde as peticións de acceso a dita información, isto supón a concesión da autorización solicitada por silencio, unha vez transcorridos os cinco días establecidos (arts. 77.2 LRBRL y 14.2 ROF)”. A pesar de todo elo, o alcalde non permite ter acceso a documentación solicitada, nin facturas, nin expedientes de festas, nin marca Irixo, nin comercialización das castañas, etc.. nin os empadroamentos dos últimos meses…

Unha mostra máis da falla de democracia, transparencia e a vulneración de dereitos fundamentais que asisten os membros das corporacións locais de poder ter acceso os expedientes e información do concello.

O alcalde MANUEL CERDEIRA TEN UN PROBLEMA GRAVE NO RESPETO A DEMOCRACIA, A LEI, E OS DEREITOS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN.

E o que e máis grave, o alcalde MANUEL CERDEIRA TEN UN PROBLEMA MOI GRAVE CO USO QUE FAI DO DIÑEIRO DENTRO E FORA DO CONCELLO.

Publicacións Relacionadas