Home Ourense O Carballiño O Grupo Municipal Socialista de O Irixo insta ó Goberno Municipal a...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo insta ó Goberno Municipal a que se adopten medidas preventivas e de protección frente o lume

- Anuncio -

Son xa varias veces nestes anos, as que os socialistas levan os plenos mocións relativas a adoptar medidas preventivas e de protección fronte o lume. Acordandose no seu día por unanimidade facer un plan de traballo para poder redactar un novo “Pladiga” introducindo as melloras plantexadas polos socialistas sen que o grupo de goberno nada fixera nestes anos.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou novamente a pasada semana unha MOCIÓN INSTANDO Ó CONCELLO A QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PREVENTIVAS E DE PROTECCIÓN FRENTE O LUME, plantexando;

PRIMEIRO.- Que existen graves carencias de medios que sofre o concello e que xa se puxeron de manifesto no incendio que afectou o noso concello en xuño de 2015 onde os propios veciños e veciñas de O Irixo tiveron, en algúns casos, que apagar o lume que chegaba as súas casas poñendo en risco incluso as súas vidas. En pobos como Souteliño, Matelo ou Vilamea na parroquia de Corneda, ou en parroquias como a de Readegos, o lume chegou preto das casas sendo os propios veciños e veciñas cos seus propios e escasos medios, os que tiveron que facer fronte o lume para salvar as súas propiedades poñendo en risco as súas vidas.

SEGUNDO.- Que a día de hoxe mais de 7 anos despois, ben entrado o verán e as altas temperaturas que facilitan a propagación de incendios, apenas fai un par de días aínda se ven de publicar a selección de persoal da “Convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención y extinción de incendios 2022”, convocatoria que si ben depende dunha subvención da Xunta, e que debería convocarse antes da chegada do verán; é moi grave que metidos de cheo no verán os concellos, e en concreto o de O Irixo, estea sen brigada e os seus veciños e veciñas desprotexidos desta maneira.

TERCEIRO.- Que O Irixo, cunha extensión de 121 km2, un dos máis extensos da provincia de Ourense, e con máis dun millón cen mil euros de presuposto non inviste nin ten medios de extinción propios, cercanos e inmediatos que protexan os pobos, a vida das persoas e as súas casas. É lamentable que se gasten importantes partidas en obras e servizos non necesarios, pero non se invista un euro en garantir a seguridade dos pobos, dos veciños e veciñas de O Irixo, e as súas vivendas.

CUARTO.- Que os incendios acontecidos estes días en varias partes de España e na provincia de Ourense son un bo exemplo de que hai que preparase fronte o lume. Os socialistas propoñemos o seu alcalde, que se poña a traballar de verdade pola veciñanza en cousas importantes e decisivas así como que invista no verdadeiramente importante, as persoas.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista do concello de O Irixo, presenta a seguinte MOCIÓN, para o seu debate en pleno e se acorde adoptar as seguintes medidas urxentes:

1º. Establecer e manter limpo un perímetro de seguridade en tódolos pobos do concello onde a maquinaria do concello (tractor, desbrozadora e pala mixta) deben, antes do comezo do verán e durante o mesmo manter limpo.

2º. O Irixo, dado a súa extensión e as súas características, debe dotarse dunha motobomba de extinción de incendios con base no propio concello.

3º. Ter operativa as brigadas de prevención y extinción de incendios dende o inicio do verán, ou incluso antes da chegada das temperaturas elevadas, limpando e recuperando camiños para dar acceso axeitado os medios de extinción.

4º. Instalar en cada pobo bocas de incendios conectadas ós depósitos de auga, dotando os veciños e veciñas dos pobos de mangueiras ó efecto para que poidan usalas en caso de necesidade.

5º. Limpar e recuperar os tanques e pantanos de regadío de tódalas parroquias para a extinción de incendios, como o pantano do ferrocarril no monte de San Cosme hoxe en día totalmente abandonado.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas