Home Ourense O Carballiño O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta a deriva antidemocrática e...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta a deriva antidemocrática e a soberbia do Alcalde Manuel Cerdeira…

- Anuncio -

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta a deriva antidemocrática e a soberbia do Alcalde Manuel Cerdeira, que a pesar de aprobar ata dúas veces en sesión plenaria por unanimidade a convocatoria e celebración de plenos cada dous meses, FAI MAIS DE 5 MESES QUE NON CONVOCA UN PLENO NO CONCELLO DO IRIXO.

Lamentan a desidia e pasividade e sobre todo a soberbia dun alcalde que non foi elixido nas furnas, incapaz de elaborar e aprobar o presuposto municipal a pesar de herdar unha alcaldía cunha maioría absoluta.

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, lamenta esta actitude antidemocrática e soberbia do alcalde, que non ten o mínimo respeto pola corporación municipal, pola democracia, a lei ou a veciñanza ao non convocar os plenos CERCENANDO ASÍ O DEREITO DOS CONCELLEIROS DA OPOSICIÓN A DENFENDER AS SUAS PROPOSTAS PENDENTES, E FACER A SUA FUNCIÓN DE CONTROL DO GOBERNO.

Lamentan que un alcalde non votado pola veciñanza, actúe de forma tan indesexable, non so ca oposición política, senón como asistimos estes días, con prepotencia sobre outros colectivos do concello, non respetando a ninguén, nin cos que debería estar agradecido por ter herdado unha alcaldía para a que dende logo non esta capacitado.

Os socialistas teñen achegado nos últimos meses media ducia de mocións que están a espera da convocatoria do pleno ordinario que fai mais de 5 meses que non se convoca a pesar de estar aprobado en pleno e do artigo 210 da Lei da Administración local de Galicia; “a) El Pleno celebrará sesión ordinaria, como mínimo, cada dos meses…”

LAMENTAN OS SOCIALISTAS QUE O QUE SE APROBA NO PLENO NON VALE NADA O IGUAL QUE A PALABRA, OS COMPROMISOS E INCLUSO OS CONVENIOS FIRMADOS POR UN ALCALDE SOBERBIO NON ELEXIDO POLA VECIÑANZA.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas