Home Ourense O Carballiño O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta o incremento do gasto...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta o incremento do gasto en enerxía eléctrica en 20.000 €, pasando dun presuposto de gasto no actual orzamento de 78.000 euros a 98.000 €

- Anuncio -

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta o incremento do gasto en enerxía eléctrica en 20.000 €, pasando dun presuposto de gasto no actual orzamento de 78.000 euros a 98.000 € segundo a modificación de crédito aprobada recentemente e apenas dous meses despois de aprobarse o presuposto municipal.

Lamentan os socialistas este incremento no gasto eléctrico cando o Concello do Irixo ven de acometer a renovación de instalacións de alumeado público exterior nas Parroquias de Campo, San Cosme, Cidá e Parada por importe de 410.991,08€ cunha subvención do Ministerio de Transición Ecolóxica do Goberno de España para colocar luminarias leds de baixo consumo en todas estas parroquias sumándose a renovación que xa se fixo en outras parroquias do Irixo en anos anteriores.

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia o fraude no cambio de luminarias a leds feito polo concello, onde se mantiveron luminarias non necesarias antigas, e nalgúns casos, mantendo luminarias a escasos dous ou tres metros unhas das outras, un claro e sangrante despilfarro do consumo eléctrico que paga todala veciñanza.
É autenticamente lamentable e descarado por parte do alcalde e do grupo de goberno, que concelleiros do grupo de goberno, teñan 3 e 4 farolas o arredor da súa propia casa, nalgún caso, nos galiñeiros ou farolas que non distan máis de 2 ou 3 metros unhas da outras , unha auténtica vergoña.

Unha mostra máis do desgoberno, do despilfarro e a mala xestión deste alcalde e o seu grupo de goberno, que non atende as peticións de veciños para a colocación de luminarias necesarias nos camiños dos pobos e si as coloca nos galiñeiros, nas leiras ou arredor das súas casas unhas de par das outras….

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas