O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta que o goberno municipal do Irixo co alcalde a cabeza diga que vai facer en menos de 4 meses o que non fixo en 4 anos de festas e verbenas….
Lamentan os socialistas que se anuncien obras de accesos os pobos e melloras de camiños que tiñan que estar feitas fai anos e se pretenda xusto antes das eleccións ocultar o abandono no que o alcalde e o grupo de goberno teñen O Irixo.
Recordan os socialistas que en pleno século XXI son varios os pobos do Irixo que non teñen acceso pavimentado, e máis da metade non teñen uns accesos dignos no que acceder cunha ambulancia ou camión de bombeiros como teñen reclamado os socialistas estes anos cas súas mocións nos plenos do Concello
Que ademais a maioría dos camiños forestais que tamén comunican pobos ou dan acceso as propiedades da veciñanza están totalmente abandonados mentres o alcalde se preocupa de facer propaganda do Irixo para os de afora sen atender primeiro os de dentro e as súas necesidades.
Para mostra algún dos camiños do Irixo que so e posible percorrer en helicóptero.
O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia o abandono que sofre o Irixo con camiños e accesos totalmente cortados ante a pasividade do alcalde e do goberno municipal que está mais preocupado de gañar as eleccións para seguir outros 4 anos en festas e paparotas ocultando os miles de euros que ten despilfarrado do diñeiro público do Concello.



