HomeOurenseO grupo provincial do PP pedirá a reprobación do ministro Puente pola...

O grupo provincial do PP pedirá a reprobación do ministro Puente pola súa “acreditada incapacidade” e esixe a Sánchez reverta “de forma inmediata” os horarios das paradas de tren na Gudiña

- Anuncio -spot_img
  • A portavoz popular Patricia Torres critica os “permanentes comportamento indignos” do ministro de Transportes coa provincia de Ourense
  • Nunha moción a debater no pleno de outubro, o PP defenderá a necesidade de que se rectifique a decisión do Goberno central de suspender as frecuencias, pasando de 56 a 41 semanais
  • Os populares apuntan a un “empobrecemento” do servizo, ao eliminar as paradas máis “efectivas e importantes” para o desenvolvemento da comarca

O grupo provincial do Partido Popular presentará ao pleno da Deputación de outubro unha moción na que pide a reprobación do ministro de Transportes, Óscar Puente, instando ademais ao Goberno central á reposición das paradas na estación da Gudiña e á elaboración dun plan de atención urxente aos viaxeiros.

A portavoz do grupo provincial do PP, Patricia Torres, critica a “acreditada e manifesta incapacidade” de Óscar Puente á fronte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, afeando os seus “permanentes comportamentos indignos e impropios dun ministro respecto da provincia de Ourense”.

Os populares defenderán no pleno provincial a necesidade de que se rectifique a decisión do Goberno central de suspender as frecuencias na estación da Gudiña, pasando de 56 a 41 semanais. “Esiximos que o ministro Puente non siga dicindo que a situación é mellor agora, xa que o aumento do número de prazas de tren débese ao aumento dos convois novos que están dotados de máis asentos”, sinala Patricia Torres.

A portavoz destaca que o servizo non mellorou, senón que “se empobreceu”, ao eliminar as paradas “máis efectivas e importantes para o desenvolvemento da comarca”, insistindo no “abandono e desleixo sistemático” do Goberno de Sánchez co mantemento das infraestruturas ferroviarias na provincia.

Atención ás persoas vulnerables e por causas sanitarias

A moción do grupo provincial do PP tamén instará ao Goberno á artellar medidas de actuación con atención inmediata ás persoas vulnerables e ás que se despracen por motivos de atención sanitaria, tal e como repetiu en varias ocasións a Asociación contra o Cancro, pola dificultade de poder acceder a tratamentos, ao aumentar o custo de desprazamento e aloxamento para persoas con poucos recursos e a molestia de ter que permanecer longo tempo fóra dos seus fogares.

Publicacións Relacionadas