Home Ourense O grupo provincial do PP urxe ao Goberno de Pedro Sánchez a...

O grupo provincial do PP urxe ao Goberno de Pedro Sánchez a que retire a proposta do mapa de liñas de autobús e non “ille” á veciñanza do rural

- Anuncio -

• O grupo popular destaca que o actual plan pon por riba do equilibrio territorial “criterios económicos que só levan ao deterioro do transporte público” e van en contra das necesidades de Ourense e Galicia

O grupo provincial do Partido Popular defenderá no próximo pleno unha moción para instar ao Goberno central a que garanta a mobilidade de toda a veciñanza de Ourense, retirando a proposta do mapa de concesións estatais de liñas de autobús que suprime paradas ata en seis concellos da provincia e recuperando as xa suprimidas. Os populares critican que a nova proposta faise “desde a imposición, sen contar coas outras administracións (autonómica, provincial e local), nin atender ás peticións da veciñanza”.

O Partido Popular xa solicitara que se tiveran en conta as peculiaridades xeográficas e de poboación da provincia, e prestárase especial atención ás conexións no rural, básicas cara a loita contra a despoboación e o envellecemento.

“As decisións do Goberno central van na dirección contraria de reverter esta situación, xa que, co novo mapa, 6 concellos ourensáns máis quedarían illados das rutas estatais”, destaca a voceira do PP, Patricia Torres.

Desde o grupo provincial do Partido Popular alértase de que coa reestruturación do Ministerio de Transportes elimínanse 90 tráficos dentro de Galicia. Un recorte que deixaría sen parada aos concellos de Trasmiras, A Mezquita, Ribadavia, Riós, A Rúa e Allariz na Provincia de Ourense e Arzúa, Melide, Chantada, O Corgo, Guitiriz, Baralla, Meira, Monterroso, As Nogais, Palas de Rei, Quiroga, A Pontenova, Forcarei, Lalín, Tui, Silleda e O Porriño, no resto de Galicia.

Con este modo de entender o servizo público, os responsables políticos da administración central “poñen por riba do equilibrio territorial criterios económicos que só levan ao deterioro do transporte público e que van en contra das necesidades de Galicia”, reiteran os populares, que culpan ao Goberno de Pedro Sánchez de “prexudicar aos dereitos dos concellos do rural e á igualdade de oportunidades”.

Así, subliña o grupo popular provincial, estase a ver como se desmantelan pouco a pouco todos os servizos estatais, facendo fincapé nos máis básicos como son Correos, a seguridade cidadá, o ferrocarril e o transporte público por estrada, “facendo menos atractivo o noso territorio para atraer poboación e que a cidadanía ourensá sufra as consecuencias, chegando incluso a ter que deixar o seu fogar de toda a vida”, explica Patricia Torres.

Por todos estes motivos, o PP defenderá no pleno da Deputación a retirada da proposta do mapa de liñas de autobús e, ademais, instará ao Goberno de España a que calquera proposta que pretenda establecerse incorpore as demandas trasladadas desde todas as administracións en relación con este servizo de mobilidade, en particular, que se teñan en conta as peculiaridades xeográficas e de poboación da nosa provincia e se preste especial atención ás conexións do e no rural.

Relacionadas

A cidade de Ourense alcanzou cifras récord de afluencia turística en 2024

0
O índice de ocupación hoteleira superou o de anos anteriores no mes de novembro, segundo a enquisa que realiza o INE A cidade aumentou a...

Luis Menor manifesta a necesidade de “poñer en valor e implementar melloras” no parque...

0
Logo dunha visita a estas instalacións, con máis de 20 anos de antigüidade, o presidente da Deputación sinalou a necesidade de acometer melloras no...

Os deputados do PP de Ourense piden a comparecencia urxente de Marlaska e da...

0
· “Esiximos que se poña freo ao desmantelamento da seguridade no rural”, subliña a deputada Ana Vázquez como causa directa do aumento da criminalidade,...

A Deputación colaborará con Iberdrola na promoción de actividades culturais, educativas e deportivas

0
O presidente provincial, Luis Menor, e a vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, mantiveron un encontro de traballo co delegado da empresa en Galicia A Deputación de...

A Xunta de Goberno aproba as bases reguladoras para as axudas das Copas Deputación...

0
O goberno provincial vén de aprobar na sesión desta semana un total 449.536 euros en diversas achegas para entidades deportivas e colectivos profesionais como...

A Xunta destaca o papel do patrimonio cultural galego como motor de vertebración do...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa alcaldesa do concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, asistiu hoxe á inauguración...

Publicacións Relacionadas