Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense O II Foro da Castaña, organizado pola Deputación, impulsa o asociacionismo para...

O II Foro da Castaña, organizado pola Deputación, impulsa o asociacionismo para optimizar a xestión dos soutos

- Anuncio -

Rosendo Fernández dixo, na inauguración do foro, que desde o goberno provincial “continuaremos a apostar por este tipo de iniciativas que contribúan a achegar coñecemento e experiencias a un sector que precisa xerar valor engadido mediante a participación dos produtores na cadea de produción, transformación e comercialización da castaña”

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal resaltou a futura orde que establecerá modelos de estatutos para agrupacións forestais de xestión conxunta e os modelos tipo para constituír dereitos de uso e aproveitamento en Galicia

Este simposio analiza en Riós, con preto dun cento de asistentes, os retos e oportunidades que ofrece o aproveitamento dos soutos a través de relatorios, exhibicións e visitas técnicas para coñecer exemplos de boas prácticas

A segunda edición do Foro da Castaña, organizado por primeira vez pola Deputación de Ourense a través do Inorde, impulsou o asociacionismo para optimizar a xestións dos soutos. O simposio reuniu no Multiusos de Riós a preto dun cento de asistentes para analizar os retos e oportunidades que ofrece o aproveitamento dos soutos Na xornada inaugural participaron o presidente do Inorde e deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Riós, Eva Barrio; e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.

Na súa intervención, Rosendo Fernández agradeceu a colaboración da Consellería de Medio Rural con este foro que nos permite “abordar na provincia de Ourense, concretamente en Riós, temáticas técnicas e prácticas que inciden no axeitado desenvolvemento das producións, sendo un territorio cunha gran presenza de soutos”. Reivindicou o posicionamento da provincia como a principal produtora de Galicia, lembrando que en campañas como a do pasado ano recolleuse o 60% de toda a castaña que se produce en España.

Neste sentido, o presidente do Inorde asegurou que desde o goberno provincial “continuaremos a apostar por este tipo de iniciativas que contribúan a achegar coñecemento e experiencias a un sector que precisa xerar valor engadido mediante a participación dos produtores na cadea de produción, transformación e comercialización da castaña”.

Pola súa parte, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal resaltou a futura orde que establecerá modelos de estatutos para agrupacións forestais de xestión conxunta e os modelos tipo para constituír dereitos de uso e aproveitamento en Galicia. Salientou que esta norma busca impulsar a creación deste tipo de entidades que teñen obxectivo a protección do ambiente, a prevención dos incendios e o fomento do desenvolvemento rural.

O foro reuniu a preto dun cento de produtores de castaña, propietarios individuais ou agrupacións propietarias de soutos en Galicia e representantes de empresas privadas e entidades públicas que traballan nalgún ámbito vencellado a este sector. Os inscritos nesta segunda edición proceden de varios concellos ourensáns (Monterrei, Oímbra, Viana do Bolo, Baños de Molgas, Manzaneda, Maceda, Verín, O Barco de Valdeorras, Trasmiras e Riós), así como do resto das provincias galegas.

Relatorios, exhibicións e visitas técnicas para coñecer exemplos de boas prácticas

Na xornada de hoxe, expertos de recoñecido prestixio do ámbito público e privado con acreditada experiencia no aproveitamento da castaña analizaron cuestións de interese como: o tratamento de pragas, a xestión conxunta de soutos tradicionais, tipos de plantas de castiñeiro, ou a recuperación dos soutos. Pola tarde, a programación foi eminentemente práctica ofrecendo aos asistentes unha exhibición de cociña e repostaría con castaña de Galicia a cargo da Asociación Cociña Ourense, outra de poda e mantemento do castiñeiro impartida por Ricardo Prieto e José Manuel Guerra da empresa Soutogal, así como unha conferencia sobre recomendacións para facilitar a revalorización e comercialización da castaña, a cargo do presidente do Clúster da Comunicación de Galicia.

Mañá sábado, os participantes realizarán unha visita técnica á comarca do Bierzo en León para coñecer exemplos de boas prácticas. A saída permitirá aos participantes coñecer unha plantación nova de castiñeiros con orientación agrícola en Carracedelo, a “Agrupación de produtores de venta e comercialización de produto fresco”, de Corullón, así como unha empresa de conxelación de castañas e unha experiencia empresarial familiar de transformación e venda de castaña.

Relacionadas

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar as axudas para a realización...

0
Con esta liña de subvencións, por concorrencia competitiva, o goberno de Luis López busca fomentar o turismo na provincia distribuíndo axudas que ascenden a...

A Deputación recibe este domingo 28 de xullo a 140 cativos de 29 concellos...

0
Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas Os campamentos da Lanzada da...

A Deputación leva este sábado a Budiño ata Moaña e a Dakidarría ata Tomiño...

0
O concerto de Budiño terá lugar ás 23:30 horas no Paseo marítimo de Moaña e o de Dakidarría ás 22:30 horas na Praza do...

Publicacións Relacionadas