Home Ourense O Carballiño O Irixo e San Amaro organizan a primeira edición do seu Festival...

O Irixo e San Amaro organizan a primeira edición do seu Festival Céltico, co apoio da Deputación

- Anuncio -

Manuel Baltar remarcou na presentación do festival, que se celebrará nos próximos dous fines de semana de setembro, o deseño dun evento “nacido dende a cooperación entre ambos concellos” e que “reivindica a nosa cultura e a nosa lingua”

O I Festival Céltico O Irixo – San Amaro acollerá concertos de referentes da música galega como Treixadura ou Milladoiro, “dentro dunha programación que mestura cultura, patrimonio e o uso da lingua galega”, segundo destacaron os alcaldes destes concellos, Manuel Cerdeira e Fernando Redondo

Os concellos de O Irixo e San Amaro organizan nos dous próximos fines de semana de setembro, co apoio da Deputación, a primeira edición do seu Festival Céltico, que contará cos concertos de referentes da música galega como Treixadura ou Milladoiro. “Unha iniciativa froito da cooperación entre ambos municipios”, sinalou esta mañá o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, na presentación do evento na sala de prensa do Pazo Provincial, na que estivo acompañado polos alcaldes de O Irixo, Manuel Cerdeira, e de San Amaro, Fernando Redondo.

Manuel Baltar destacou na súa intervención a celebración dun “evento cultural e musical que vai máis alá, reivindicando as nosas raíces comúns cun proxecto que xunta o mellor que pode ter un pobo, a defensa da nosa cultura e a defensa da nosa lingua e a nosa música”.

O presidente da Deputación amosouse convencido de que esta iniciativa “consolidarase no tempo, froito tamén do que representan os dous territorios que se xunguen para este proxecto, e apoiados no excelente traballo destes dous alcaldes”, que a continuación remarcaron a importancia dun festival concibido como dinamizador e potenciador do rural, cunha programación que “mestura cultura, patrimonio e tamén o uso da lingua galega”.

O alcalde de San Amaro agradeceu “o apoio da Deputación e do seu presidente, Manuel Baltar” para un festival co que “poñemos en valor o máis atractivo que ten un pobo: a súa cultura e as súas raíces”. Fernando Redondo lembrou que o “maior atractivo turístico de San Amaro é o castro de San Cibrán de Las, o de maior superficie escavada na provincia de Ourense. Este ano cúmprense 100 anos das primeiras escavacións, e con este festival queremos poñer en valor o patrimonio arqueolóxico de ambos concellos”.

Pola súa banda, Manuel Cedeira destacou que “o que se demostra coa organización deste festival é que se queremos chegar lonxe no camiño, as administracións públicas temos que ir da man, coa colaboración neste caso entre os concellos do Irixo e San Amaro e o apoio de Manuel Baltar, ao que agradezo a súa estupenda disposición”.

Programación do Festival Céltico O Irixo – San Amaro

A primeira edición do Festival Céltico O Irixo – San Amaro arranca este fin de semana en San Amaro. O venres 2, Leirabuxo actuarán no Campo da Feira (22,00 horas); o sábado 3, Treixadura estarán no Castro de San Cibrán de Las (22,00 horas); e o domingo 4, Uxía Lambona e a banda molona actuarán no Campo da Festa de Cruceiro (19,00 horas).

O seguinte fin de semana, o festival trasladarase ao Irixo. O venres 9, Leirabuxo ofrecerá un concerto no parque do río (22,00 horas), espazo que ao día seguinte acollerá á Milladoiro (22,00 horas). Como peche do Festival Céltico, Uxía Lambona e a Banda Molona estarán no parque do río (19,00 horas).

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de 100.000 euros...

0
O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e ao alcalde de Xinzo, Amador Díaz, detallaron en...

A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas...

0
— Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril — O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila,...

O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios e coplas...

0
O alcalde anima a participar nesta tradicional celebración, que estará amenizada cun concerto de María do Ceo O Concello aumenta os premios dos concursos de...

Publicacións Relacionadas