Home Ourense O “Makers Camp” organizado polo Concello e a UVigo achega as tecnoloxías...

O “Makers Camp” organizado polo Concello e a UVigo achega as tecnoloxías máis novidosas a 25 escolares da cidade

- Anuncio -

O concelleiro de Promoción Económica e o director da Escola de Informática asistiron hoxe á inauguración da actividade

Un total de 25 escolares da cidade participan durante a xornada de hoxe, luns, e mañá, martes, na primeira das tres edicións dos Maker Camps. O concelleiro de Promoción Económica, Armando Ojea, e o director da Escola Superior de Informática, Francisco Javier Rodríguez, asistiron esta mañá ao inicio da actividade, que se desenvolve no campus.

No “MakerCamp” os participantes, rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos, levan a cabo actividades baseadas na experimentación e no descubrimento, relacionadas co mundo “Maker” e as novas tecnoloxías. Construirán, programarán e controlarán robots pensados para o ámbito educativo, deseñarán e imprimirán as súas primeiras creacións en 3D, mergullaranse en mundos de realidade virtual con breves experiencias inmersivas e aprenderán a programar os seus primeiros videoxogos con linguaxes básicos visuais. As actividades contan coa asistencia permanente de monitores especializados con anos de experiencias neste tipo de iniciativas ocio-educativas.

O campamento forma parte do Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores, aprobado no marco do Programa Operativo Interreg V-A España-Portugal (POCTEP), cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de 100.000 euros...

0
O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e ao alcalde de Xinzo, Amador Díaz, detallaron en...

A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas...

0
— Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril — O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila,...

O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios e coplas...

0
O alcalde anima a participar nesta tradicional celebración, que estará amenizada cun concerto de María do Ceo O Concello aumenta os premios dos concursos de...

Publicacións Relacionadas