Home Ourense O Partido Popular aproba a liquidación das contas do exercicio de 2021

O Partido Popular aproba a liquidación das contas do exercicio de 2021

- Anuncio -

· “Un gran esforzo económico, ademais dun exercicio de transparencia e un exemplo de rigorosa xestión, para que a maquinaria loxística e orgánica do noso partido colla a alta velocidade que nos vai esixir a preparación das eleccións locais do 28 de maio de 2023”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar”

O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde a primeira das reunións dos seus órganos de goberno coa convocatoria do Comité Executivo para aprobar a liquidación das contas correspondentes ao exercicio de 2021. Un documento económico que reflicte uns ingresos de 407.612,60 € euros e uns gastos de 440.087,61. Un resultado no que influíron os gastos derivados das obras de reforma da nova sede provincial e das novas oficinas do PP no Carballiño; os alugueres de ambos os dous locais; un terceiro pagamento polas actuais instalacións na capital; e a celebración do XVIII Congreso Provincial do partido no mes de setembro.

“Un gran esforzo económico, ademais dun exercicio de transparencia e un exemplo de rigorosa xestión, para que a maquinaria loxística e orgánica do noso partido colla a alta velocidade que nos vai esixir a preparación das eleccións locais do 28 de maio de 2023”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar.

A única convocatoria certa para o próximo ano, engadiu, “xa que tamén deberían celebrarse as eleccións xerais, pero non temos nin a máis remota idea das intencións do señor Sánchez, que ademais de depender das idas e voltas dos seus socios de goberno tamén ten agora a vista posta en Castela e León, onde agardamos demostrar a fortaleza do Partido Popular”.

Xa no ámbito provincial, Manuel Baltar subliñou que a formación ourensá segue a facer traballo político “pois como afirmei no pasado congreso provincial, o PP é o partido de Ourense e o que traballa sempre en modo campaña, haxa ou non eleccións, porque só desde un partido forte e unido se pode chegar ao goberno, e iso é o que demostramos obtendo en diferentes convocatorias os mellores resultados electorais, fosen eleccións municipais, xerais, europeas, ou autonómicas”.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas