Free Porn
xbporn
Home Ourense O Partido Popular de Ramirás denuncia o escurantismo do goberno socialista na...

O Partido Popular de Ramirás denuncia o escurantismo do goberno socialista na xestión municipal

- Anuncio -

• O portavoz do PP, Juan Carlos Rodríguez, acusa á alcaldesa de “inoperancia, sen convocar os plenos como acordáramos, sen ter noticia algunha do que se está facendo e sen dispoñer dos servizos dun secretario municipal titular”

O grupo municipal do Partido Popular en Ramirás denuncia o escurantismo co que o goberno socialista está a desenvolver a xestión municipal, “sen convocar os plenos como acordáramos, sen ter noticia algunha do que se está facendo e sen dispoñer dos servizos dun secretario municipal titular”, declarou o portavoz popular Juan Carlos Rodríguez.

O representante do PP en Ramirás expresa o seu malestar polo continuado incumprimento dos acordos plenarios por parte da alcaldesa socialista, Isabel Gil, “xa que no seu día e por unha decisión tomada no pleno decidimos que se celebrarían mensualmente, convocándose para o último xoves de cada mes e mesmo sinalando que comezarían ás sete da tarde”. Non obstante, denuncia Rodríguez, “a alcaldesa fai o que quere e non cumpre co acordado, pois no último ano e medio estamos celebrando os plenos cada dous meses”.
Esta situación, explica o portavoz popular, ten consecuencias directas no labor de fiscalización e control da oposición “pois non temos acceso á información sobre as xestións e proxectos que poda estar facendo o grupo de goberno”.

Juan Carlos Rodríguez fai referencia a outra cuestión que, segundo denuncia, “tamén está a causar problemas no concello, como é a falta do secretario municipal, pois o último cesou no cargo e debido á inoperancia e á mala xestión da alcaldesa seguimos sen os servizos dun secretario titular, tendo a un funcionario como secretario accidental e outro ocasional que envía a Deputación de Ourense en momentos concretos”. Con todo, di o portavoz, “esta situación non pode utilizarse como desculpa para no convocar os plenos ordinarios”.

Para Rodríguez, “a escura xestión da alcaldesa a sufre toda a veciñanza de Ramirás, que descoñece o que se está facer, que máis ben é nada como ocorreu durante o momento máis duro da pandemia, na que a señora Gil semellaba estar ausente”. Nin tan sequera -dixo- “foi quen de apoiar aos nosos autónomos, empresarios e hostaleiros, para os que pedíamos axudas directas que non foron recollidas nos orzamentos de 2021, razón pola que votamos en contra”. Un plan económico, engadiu “para o cal o grupo de goberno si contou coa colaboración do concelleiro do BNG, que non acudiu ao pleno, o que demostra que teñen un acordo de goberno encuberto”.

Relacionadas

Luis Menor felicita a Telecinco Cinema polo Premio OUFF Televisión

0
O presidente provincial pon en valor a cooperación forxada entre a Deputación e Mediaset, manifestando a súa confianza en que con este novo recoñecemento...

Máis de 230 alumnos matriculados no novo curso da Escola de Artes e Oficios...

0
A Escola de Artes e Oficios da Deputación abriu esta tarde o curso académico 2024-2025 nas súas instalacións da rúa da Canle, onde se...

A Xunta reafirma o seu apoio á Feira de Artesanía de Cortegada que chegará...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro en...

O Concello remitiralle esta semana á Xunta de Galicia o Plan Xeral de Ordenación...

0
O Concello de Ourense remitiralle esta semana á Xunta de Galicia o Plan Xeral de Ordenación Municipal, coa finalidade de avanzar na tramitación do...

A Deputación e a Diocese de Astorga colaborarán na conservación e mellora do patrimonio...

0
O presidente Luis Menor e o monseñor Jesús Fernández mantiveron un encontro de traballo no Pazo Provincial que concluíu co acordo de asinar un...

Deputación e Xunta promoven a formación e práctica deportiva coa primeira edición de Funtastik

0
O vicepresidente segundo do goberno provincial e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe en Expourense na presentación desta iniciativa que terá lugar do...

Publicacións Relacionadas