HomeOurenseO Partido Popular de Vilardevós denuncia a falta de limpeza e desbroce...

O Partido Popular de Vilardevós denuncia a falta de limpeza e desbroce de maleza nos pobos do concello

- Anuncio -spot_img

O Partido Popular de Vilardevós denuncia a falta de limpeza e desbroce de maleza nos pobos do concello. En concreto no pobo de Vilardevós é a propia veciñanza a que se ve na obriga de realizar estas tarefas ante a pasividade do grupo de goberno, organizándose en brigadas de limpeza voluntaria para adecentar o pobo cos seus medios.

Desde o PP denunciamos que o Concello non cumpre coa obrigatoriedade de manter limpas e en bo estado as rúas e zonas comúns, traballos para os que ocnta nestes momentos con 5 peóns, 1 chófer de desbrozadora e 1 tractor municipal.

Esta falta de limpeza está a xerar a acumulación de lixo e maleza creando un entorno desagradable para os habitantes deste lugar, o que se extende a todos os pobos do Concello.

Dende o grupo municipal popular esiximos que o Goberno local tome medidas ante esta situación o dispoña os medios e persoal suficiente para levar a cabo ditas tarefas e asegurar o benestar das nosas xentes.

Publicacións Relacionadas