HomeOurenseO Pavillón dos Remedios acollerá os encontros da Selección Española de Hóckey...

O Pavillón dos Remedios acollerá os encontros da Selección Española de Hóckey Sala

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense colabora coa Federación Galega na organización desta cita que terá lugar esta semana na cidade.

O Concello de Ourense e a Federación Galega de Hóckey informan da celebración de varios encontros da Selección Española de Hóckey Sala no Anexo do Pavillón dos Remedios. A cidade foi escollida como sede para estas xornadas de traballo do combinado nacional, que preparará o europeo de Heidelberg (do 8 ao 11 de xaneiro) no Torneo IV Nacións de Ourense.

A colaboración entre o Concello e a Federación permite que a Selección se desprace a Ourense para disputar unha serie de partidos. Ademais, o domingo 28, os máis pequenos poderán desfrutar dun clinic gratuíto cos xogadores da selección tras o seu primeiro encontro, unha actividade para iniciarse no hóckey sala e compartir a experiencia cos deportistas.

Horarios dos partidos en Ourense:

Domingo, 28 de decembro

  • 11:00 – ESPAÑA vs ITALIA
  • 12:00 – Clinic gratuíto coa Selección Española para nenos e nenas
  • 14:00 – PORTUGAL vs SUÍZA

Luns, 29 de decembro

  • 11:00 – ESPAÑA vs SUÍZA
  • 12:30 – ITALIA vs PORTUGAL
  • 17:30 – SUÍZA vs ITALIA
  • 19:00 – PORTUGAL vs ESPAÑA

Martes, 30 de decembro

  • 9:00 – Partido polo 3.º e 4.º posto
  • 11:00 – Final do torneo
  • 12:10 – Entrega de premios

Dende a Concellería de Deportes sinálase que a cesión das instalacións dos Remedios responde ao obxectivo de apoiar o traballo das federacións e ofrecerlle á veciñanza a posibilidade de ver hóckey de nivel nacional sen saír da cidade. Pola súa banda, a Federación Galega destaca a boa disposición do Concello para coordinar os aspectos loxísticos necesarios para que o equipo estatal poida desenvolver a súa actividade en Ourense.

Publicacións Relacionadas