HomeOurenseO pavillón municipal dos Remedios acollerá o 4 de marzo o Campionato...

O pavillón municipal dos Remedios acollerá o 4 de marzo o Campionato galego de Jiu Jitsu – Trofeo Cidade de Ourense

- Anuncio -spot_img

O alcalde recibiu os mestres ourensáns Felipe Iglesias e Ana Fernández, que traballan na organización do evento, no que colabora o Concello, e que incluirá as categorías absoluta e promesas

O pavillón municipal de deportes dos Remedios acollerá o sábado, 4 de marzo, o Campionato galego de Jiu Jitsu – Trofeo Cidade de Ourense. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro de Comercio, Antonio Fernández, e o xerente do Consello Municipal de Deportes, Jorge Encinas, recibiron no salón de plenos a Felipe Iglesias de la Torre e Ana Fernández, mestres ourensáns desta especialidade, que traballan na organización do evento.

Os deportistas do ximnasio ourensán Marbel son dous referentes desta modalidade deportiva logo dunha exitosa traxectoria. Iglesias foi subcampión do mundo na categoría de menos de 56 quilos, e Fernández foi campioa de España. Xuntos acadaron no pasado mes de xaneiro a medalla de bronce no campionato intercontinental en liña de katas de Jiu Jitsu na categoría de duo mixto.

O torneo incluirá as categorías absoluta e promesas, nas modalidades loita, en waza e dúo. O campionato está organizado pola Federación Galega de Judo e deportes asociados, coa colaboración do Concello e do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense.

Publicacións Relacionadas