HomeOurenseO pintor Lalo V. Martul cede ao Concello a obra "Ourense, Praza...

O pintor Lalo V. Martul cede ao Concello a obra “Ourense, Praza Maior”, que formou parte da exposición do artista ourensán na Sala Valente

- Anuncio -spot_img

O pintor ourensán Lalo V. Martul cede ao Concello de Ourense unha das obras que formaron parte da exposición que desde o 22 de setembro acolleu a sala municipal José Angel Valente, organizada polo Concello. O artista achegouse esta mañá ao salón de plenos e fíxolle entrega da obra ao tenente de alcalde, Armando Ojea. Trátase do cadro titulado “Ourense, Praza Maior”, un óleo realizado coa técnica do puntillismo, unha das pezas máis destacadas da exposición do pintor ourensán que acolleu durante as últimas semanas a Sala Valente. O Concello xa iniciou os trámites de aceptación e catalogación da obra

Publicacións Relacionadas