HomeOurenseOurenseO PP constitúe a primeira agrupación de Novas Xeracións na comarca da...

O PP constitúe a primeira agrupación de Novas Xeracións na comarca da Limia, “como exemplo de compromiso da mocidade co partido e coa sociedade”

- Anuncio -spot_img

·      “O partido amplíase e renovase, dixo o presidente provincial, Luis Menor, quen expresou o seu desexo de que esta convocatoria sexa “o primeiro paso para a progresiva incorporación de moitas mozas e mozos que nos van achegar unha visión diferente, complementaria do sentir da sociedade” 

·      Alberto Cuquejo, que presidirá a nova agrupación, afirmou que a posta en marcha de NNXX na Limia “vainos dar forzas para formular novas alternativas e conseguir un gran cambio” 

O Partido Popular de Ourense vén de constituír a primeira agrupación de Novas Xeracións na comarca da Limia, “como exemplo de compromiso da mocidade co partido e coa sociedade”, dixo o presidente provincial, Luis Menor, durante a reunión celebrada na sede popular en Xinzo de Limia e que serviu de punto de partida para “un camiño que espero sexa o primeiro paso cara unha ampla participación da mocidade limiá tanto no partido como na política local”.

A convocatoria reuniu a más de medio cento de mozas e mozos, ademais de alcaldes, alcaldesas e representantes municipais da comarca, acompañados pola vicepresidenta do PP de Ourense, Marta Novoa, e a secretaria xeral, Sandra Quintas.

Luis Menor deu a benvida a Alberto Cuquejo Cid, que estará á fronte da agrupación local de Novas Xeracións da Limia cun primeiro equipo de quince persoas. Agradecido pola confianza para esta responsabilidade, afirmou que a posta en marcha de NNXX na Limia “vainos dar forzas para formular novas alternativas e conseguir un gran cambio”, sinalando que se marcan como obxectivos percorrer a comarca para escoitar as necesidades da xente e traballar para alcanzar “unha maioría absoluta local e provincial, ademais de autonómica e estatal”.

Pola súa banda, o presidente provincial dixo sentirse “ilusionado pola magnífica resposta” da mocidade da comarca, expresando tamén o seu desexo de que esta convocatoria non sexa unha simple reunión: “Este debe ser o primeiro paso para a progresiva incorporación de moitas mozas e mozos que nos van achegar unha visión diferente, complementaria do sentir da sociedade”.

Luis Menor destacou que a convocatoria de Novas Xeracións na Limia é o penúltimo encontro dun percorrido que permitiu organizar ata o momento oito reunións noutras tantas comarcas -a próxima e última desta iniciativa será Valdeorras-, coa asistencia de máis de 500  persoas “e iso non o pode dicir ningún partido”.

O PP “amplíase e renóvase”, engadiu Menor, que puxo como exemplo a recente incorporación de Martín Gil como presidente provincial de Novas Xeracións, apelando á participación da mocidade “para seguir loitando polo progreso dos nosos”.

Publicacións Relacionadas