● O acto foi inaugurado polo presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, quen destacou que “O PP demostra nas administracións nas que goberna que o termalismo é unha realidade e que é un piar fundamental para o presente e o futuro de Ourense”
● Menor tamén puxo en valor o papel que desempeñan os concellos na promoción deste recurso. Neste sentido, lamentou que “precisamente na cidade de Ourense, que é a capital termal, exista un goberno local que non aposta polo termalismo, que busca calquera escusa para non actuar e que mesmo chega a menosvaloralo”
● Expertos como Pablo García Vivanco resaltaron a importancia do recurso termal e o seu papel na mellora da calidade de vida, destacando a relación entre o termalismo, a nutrición e o envellecemento saudable, así como o potencial das augas mineromedicinais como ferramenta de prevención e promoción da saúde
● Pola súa banda, a vicesecretaria de Termalismo do PP de Ourense, Belén Gómez Quevedo, analizou o papel relevante das augas mineromedicinais e termais, subliñando a súa capacidade para favorecer a lonxevidade, a saúde e o benestar, especialmente nun territorio como Ourense, cunha ampla tradición e potencial termal
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde unha conferencia con motivo do Día Mundial da Auga, organizada pola Vicesecretaría de Termalismo do PP provincial, co obxectivo de poñer en valor a importancia das augas mineromedicinais e do termalismo como recursos estratéxicos para a saúde, a lonxevidade e o benestar. Durante o encontro, no salón de actos da CEO, tamén se afondou no papel da auga como recurso esencial para o benestar e o desenvolvemento da provincia.
O acto foi inaugurado polo presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, quen destacou o compromiso da formación co desenvolvemento do termalismo como un dos grandes activos da provincia. “O Partido Popular demostra nas administracións nas que goberna que o termalismo é unha realidade e que é un piar fundamental para o presente e o futuro de Ourense”, afirmou.
Menor tamén puxo en valor o papel que desempeñan os concellos na promoción deste recurso, sinalando que “son os concellos os que levan o peso do impulso do termalismo na provincia”. Neste sentido, lamentou que “precisamente na cidade de Ourense, que é a capital termal, exista un goberno local que non aposta polo termalismo, que busca calquera escusa para non actuar e que mesmo chega a menosvaloralo”.
“O Partido Popular cre no termalismo, desenvolve políticas termais activas e aposta polo seu crecemento e polo seu futuro, e así o seguirá facendo”, concluíu.
Durante o acto, expertos como Pablo García Vivancoresaltaron a importancia do recurso termal e o seu papel na mellora da calidade de vida, destacando a relación entre o termalismo, a nutrición e o envellecemento saudable, así como o potencial das augas mineromedicinais como ferramenta de prevención e promoción da saúde.
Pola súa banda, a vicesecretaria de Termalismo do PP de Ourense, Belén Gómez Quevedo, analizou o papel relevante das augas mineromedicinais e termais, subliñando a súa capacidade para favorecer a lonxevidade, a saúde e o benestar, especialmente nun territorio como Ourense cunha ampla tradición e potencial termal.
“Iniciativas como esta permítennos seguir poñendo en valor o coñecemento científico arredor das augas mineromedicinais e destacar a importancia do termalismo como un recurso estratéxico para a saúde, a calidade de vida e o futuro da nosa provincia”, sinalou Gómez Quevedo.



