Home Ourense O PP de Ourense esixe explicacións ao BNG por incluír na lista...

O PP de Ourense esixe explicacións ao BNG por incluír na lista das municipais de 2023 a unha persoa que estivo no cárcere por abusos sexuais a unha menor

- Anuncio -

·      Os populares expresan o seu “estupor” e reclaman ao BNG que “por responsabilidade” investigue como puido dar cabida na súa formación a unha persoa condenada e presa por un dos delitos más execrables que pode existir

·      Ínstase á portavoz nacionalista, Ana Pontón, a que aclare cal é a situación actual desta persoa e a participación que está a ter no partido. Unhas explicacións que tamén debe ofrecer o socialista Gómez Besteiro, dado que a información tamén fala da participación do condenado nos procesos de elección de candidatos do seu partido nas municipais e nas xerais do pasado ano

O Partido Popular de Ourense esixe explicacións ao BNG por incluír na lista do concello de Coles nas pasadas eleccións municipais a unha persoa condenada por abusos sexuais a unha menor, delito polo que pasou sete anos no cárcere.

Os populares expresan o seu “estupor” por estes feitos, logo de coñecer a través dunha nova publicada no diario ourensán La Región os detalles da participación da persoa condenada na vida política da formación nacionalista durante o proceso electoral de maio de 2023. Unha vinculación que se estende, segundo a información xornalística, a outros partidos políticos como PSOE, Sumar e Ourense en Común.

Porén, foi no BNG onde chegou máis lonxe, atopando nesta formación un oco na súa lista electoral, segundo a mesma nova. Así, o PP ourensán reclama ao BNG que “por responsabilidade” investigue como puido dar cabida na súa formación a unha persoa condenada e presa por un dos delitos máis execrables que pode existir.

A formación popular espera “contundencia” por parte dos nacionalistas, en especial pola condición do condenado de portavoz dunha plataforma cidadá lexítima que impulsa e apoia o propio BNG.

Desde o PP ínstase tamén á portavoz nacionalista, Ana Pontón, a que aclare cal é a situación actual desta persoa e a participación que está a ter no partido. Unhas explicacións que tamén debe ofrecer o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, dado que a información tamén fala da participación do condenado nos procesos de elección de candidatos do seu partido nas municipais e nas xerais do pasado ano.

Relacionadas

Luis Menor anuncia á presidenta da FEMP que Massanassa será o municipio de Valencia...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse en Fitur con María José García-Pelayo, para informarlle da acción piloto que poñerá en marcha a Deputación de...

A Deputación, a través do Inorde, alíase con Renfe para promover o turismo e...

0
Esta alianza foi asinada en Fitur por parte do presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; e polo director da Área...

Os “Trens Turísticos de Galicia” preséntanse en Fitur como reclamo turístico a través dos...

0
O presidente do Inorde e deputado de Turismo, Rosendo Fernández, participou hoxe na presentación da nova campaña desta iniciativa posta en marcha no ano...

O xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” lanza en Fitur a súa proposta turística...

0
Ofrece 15 variados carreiros baixo o nome de “A guía dás mouras”, cun roteiro de sendeirismo por cada un dos municipios que integran o...

Luis Menor destaca a “longa” traxectoria do ourensán Diego Conde Gómez, novo académico nacional...

0
O presidente provincial participou en Santiago no acto de toma de posesión deste profesional, do que asegurou que promove investigacións con enfoque “innovador” no...

Valdeorras presenta en Fitur a súa campaña turística “Terras que saben” enfocada aos seus...

0
A caseta de Galicia na Feira Internacional de Turismo acolleu a presentación da proposta turística do GDR Valdeorras, cun plan que acolle o territorio...

Publicacións Relacionadas