- A decisión xudicial non supón ningún tipo de referendo á postura política do PSOE, advirte a dirección do PP, xa que só entra en cuestión formais e non de fondo
- A moción de censura só ten como causa a situación de inestabilidade xerada no Concello trala escisión no seno do grupo socialista e a marcha de dous dos seus concelleiros e, polo tanto, a ingobernabilidade derivada da minoría do alcalde
A dirección provincial do Partido Popular de Ourense vén de expresar o seu respecto pola decisión do xulgado número uno do Contencioso Administrativo, que acordou suspender a tramitación da moción de censura que se ía debater mañá no Concello de Manzaneda.
Destaca o PP que se trata de medidas cautelares por defectos de forma, polo que en tanto sexan solucionadas continuará adiante coa moción de censura, na que o candidato á alcaldía é o actual portavoz popular, Pedro Yáñez Salgado, apoiado pola concelleira do PP Verena Yáñez Álvarez e os edís non adscritos Miguel Domínguez Hervella e Antonio Núñez Estévez, ata xullo nas filas do grupo socialista.
En todo caso, a decisión xudicial non supón ningún tipo de referendo á postura política do PSOE, insiste a dirección do PP, xa que só entra en cuestión formais e non de fondo.
A moción de censura só ten como causa a situación de inestabilidade xerada no Concello de Manzaneda, como consecuencia da escisión no seno do grupo socialista, a marcha de dous dos seus concelleiros e, polo tanto, a ingobernabilidade derivada da minoría do alcalde.
O Partido Popular non vai ser obstáculo para que o Concello de Manzaneda atenda as necesidades da veciñanza e procure o progreso do municipio, polo que garantirá a gobernanza local mediante o pacto alcanzado cos edís non adscritos.



