· José Rodríguez Graña encabezará este órgano, acompañado por José Franciso Cid Pérez, Pablo Corrales Gómez e José César Parente Pérez como vogais
· O presidente provincial, Luis Menor, afirma que con esta paso o PP ourensán segue “a súa folla de ruta para impulsar a renovación territorial do partido”
O Partido Popular de Ourense vén de anunciar a proposta de creación dunha xestora na agrupación local de Parada de Sil, no marco da folla de ruta emprendida pola formación popular “para impulsar a renovación territorial do partido”, destaca o presidente provincial Luis Menor.
O líder dos populares ourensáns destaca que esta decisión responde fielmente ao compromiso adquirido no congreso provincial de 2024, cando afirmara que entre os seus obxectivos figuraba “unha actualización profunda da estrutura orgánica”, co fin de que en cada recuncho da provincia o PP teña os mellores equipos, “facianas de referencia para que a cidadanía poda trasladar as súas inquedanzas e colaborar activamente no proxecto do PP”.
Tras unha reunión celebrada na sede provincial, coa presenza da secretaria xeral Sandra Quintas, acordouse propoñer como presidente da xestora local do PP en Parada de Sil a José Rodríguez Graña, acompañado por José Franciso Cid Pérez, Pablo Corrales Gómez e José César Parente Pérez como vogais.
Con Parada de Sil son xa 13 as xestoras que o PP de Ourense ten en marcha na provincia -Barbadás, Xinzo de Limia, O Carballiño, Allariz, Ourense, Taboadela, Amoeiro, Verín, Celanova, Maceda, Irixo e Montederramo-, como órganos claves para garantir a actividade política e unir, ampliar e fortalecer o partido.



