Home Ourense O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N “A nosa porta está aberta, conta con nós”

- Anuncio -

● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia, demostrarlles que non están soas, e que poremos todo o noso esforzo como partido en erradicar esta lacra da nosa sociedade”

“A nosa porta está aberta, conta con nós”. É o lema escollido pola Vicesecretaría de Igualdade do Partido Popular de Ourense para conmemorar este 25N. Esa porta dos populares simboliza a esperanza cara unha saída á situación de violencia que sofren as mulleres vítimas, na liña que narraba a cantante Rozalén na súa canción “La Puerta Violeta”.

Ao carón desa porta simbólica, os populares ourensáns sumaron mensaxes dirixidas ás mulleres que sofren a violencia nos seus fogares, tales como “non cales”, “cre en ti”, “ti podes”, “non o permitas”, “dá un paso adiante” ou “chama ao 016”. Ademáis, a secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas, foi a encargada de dar lectura ao manifesto dos populares ourensáns con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres: “Queremos lanzar unha mensaxe de esperanza a todas as mulleres, e sobre todo incidir na prevención e coordinación entre administracións para que as mulleres vítimas reciban o apoio e atención especializada que precisen”, dixo a secretaria provincial dos populares ourensáns.

A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción de visibilización, concienciación e apoio, “o PP de Ourense quere poñerse do lado das mulleres vítimas de violencia, demostrarlles que non están soas, e que poremos todo o noso esforzo, o noso empeño e o noso traballo como partido en erradicar esta terrible lacra da nosa sociedade”.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta de Goberno Local aproba o Plan estratéxico de subvencións da área de...

0
O Concello convoca un certame infantil de debuxos para elixir a postal coa que felicitará o Nadal 2024 A Xunta de Goberno Local do Concello...

O alcalde recibe no salón de plenos a halterófila Uxía Romero

0
A ourensá Uxía Romero é a primeira deportista internacional de halterofilia en máis de 25 anos e tamén a primeira en traer á nosa...

A Deputación de Ourense estreita lazos co centro penitenciario de Pereiro en proxectos deportivos,...

0
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo co director do centro penitenciario, Francisco González; e a subdirectora de Tratamento, Ana Martínez,...

Publicacións Relacionadas