O presidente provincial, Luis Menor, incidiu en que as administracións deben planificar o uso dos seus recursos na procura urxente de solucións, poñendo como exemplo os proxectos que en materia de vivenda está a desenvolver a Xunta de Galicia tanto na cidade como na provincia
A portavoz do Grupo Municipal Popular, Ana Méndez, salientou o potencial do Plan Rexurbe como ferramenta clave para a recuperación urbana do casco vello: “Ourense está diante dunha oportunidade histórica para transformar e recuperar a cidade. A Xunta actúa onde o Concello leva anos de abandono”
A concelleira do Grupo Popular Sonia Ogando, lembrou que “as Áreas Rexurbe son áreas de interese autonómico, e a aprobada recentemente para Ourense é unha ferramenta positiva para recuperar o casco histórico de forma gradual”
Pilar Fernández, directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, explicou as liñas de axuda activas como as dirixidas á adquisición de vivenda, incluído un programa de avais para menores de 36 anos —ou sen límite de idade no caso de vivenda protexida—, e as axudas ao alugueiro, tanto para mocidade como para persoas en situación de vulnerabilidade. Tamén destacou as axudas á promoción de vivenda accesible e á rehabilitación
Finalmente, o coordinador de área de vivenda do PP de Ourense, Benito Iglesias, destacou unha nova liña de actuación do IGVS: “O Programa de oferta de solo público permitirá que concellos e deputacións poidan destinar terreos sen uso á construción de vivenda protexida, co apoio técnico e xurídico da Xunta”
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta tarde unha xornada organizadas polo Partido Popular de Ourense para profundar nun problema social de máxima importancia como a vivenda, “o máis básico dos dereitos que dignifican ao ser humano”, subliñou o presidente provincial, Luis Menor, que chamou a atención sobre a obriga que teñen os partidos políticos para ofrecer solucións reais aos problemas reais da cidadanía, “e o tema da vivenda é un clamor social”. Logo dos partidos, incidiu Menor, as administracións deben planificar o uso dos seus recursos na procura urxente de solucións, poñendo desta volta como exemplo os proxectos que en materia de vivenda está a desenvolver a Xunta de Galicia tanto na cidade como na provincia, ademais das liñas de axuda abertas polo executivo galego.
Con todo, Luis Menor tamén puxo como exemplo á Deputación de Ourense, que este luns aprobou unha liña de 100.000 euros en axudas para a adaptación de vivendas de persoas maiores de 65 anos nos municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes. Un xeito de facilitar que as persoas maiores alonguen o seu ciclo vital autónomo na súa propia casa, co benestar físico e emocional que supón.
Avogou ademais pola cooperación entre administracións, como responsabilidade compartida, así como pola colaboración co sector privado, ofrecendo a suficiente seguridade xurídica para que podan lanzarse á promoción de novas vivendas.
Pola súa parte, a portavoz do Grupo Municipal Popular, Ana Méndez, salientou o potencial do Plan Rexurbe como ferramenta clave para a recuperación urbana do casco vello: “Ourense está diante dunha oportunidade histórica para transformar e recuperar a cidade. A Xunta actúa onde o Concello leva anos de abandono”. Afirmó que “a declaración da Área Rexurbe é útil, eficaz e realista para frear o deterioro e recuperar a dignidade do noso patrimonio”.
Por outra banda, a concelleira do Grupo Popular Sonia Ogando, lembrou que “as Áreas Rexurbe son áreas de interese autonómico, e a aprobada recentemente para Ourense é unha ferramenta positiva para recuperar o casco histórico de forma gradual”. Engadiu que o obxectivo é claro: “adquirir inmobles, rehabilitalos e poñelos en alugueiro social para os veciños inscritos no Rexistro”.
Mentres que, Pilar Fernández, directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, explicou as principais liñas de axuda activas da Xunta, como as dirixidas á adquisición de vivenda, incluído un programa de avais para menores de 36 anos —ou sen límite de idade no caso de vivenda protexida—, e as axudas ao alugueiro, tanto para mocidade como para persoas en situación de vulnerabilidade. Tamén destacou as axudas á promoción de vivenda accesible e á rehabilitación, tanto para particulares e comunidades como para concellos, así como a recente plataforma de solo público para vivenda protexida. Finalmente, avanzou dous novos programas: un de cooperación para rehabilitación e nova construción, e o programa Fogar Vivo.
Finalmente, o coordinador de área de vivenda do PP de Ourense, Benito Iglesias, destacou unha nova liña de actuación do IGVS: “O Programa de oferta de solo público permitirá que concellos e deputacións poidan destinar terreos sen uso á construción de vivenda protexida, co apoio técnico e xurídico da Xunta”.
A xornada rematou coa reivindicación do PP de Ourense dun modelo de vivenda sustentado na cooperación institucional, a seguridade xurídica para o investimento e a posta á disposición de solo público para garantir o dereito efectivo a unha vivenda digna.

