Home Ourense O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais”...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu compromiso coa inclusión, a igualdade e o respecto polas persoas

- Anuncio -

· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar e aprender, celebrar a diversidade e promover a conciencia social

“Man con man, somos iguais” é o título do manifesto que a Vicesecretaría de Política Social do Partido Popular de Ourense vén de elaborar con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra mañá martes, 3 de decembro, co fin de reafirmar o compromiso dos populares coa inclusión, a igualdade e o respecto polas persoas máis aló das súas capacidades, dado que todas elas posúen un valor único que aportan á sociedade.

Así, no texto do manifesto o PP de Ourense comprométese no seu traballo diario a promover a inclusión como “fortaleza, necesidade que enriquece e multiplica”, eliminar barreiras físicas, sociais e culturais a través de contornas accesibles e acolledoas; fomentar a empatía e o respecto, construíndo unha sociedade que valore a diversidade e respecte a dignidade individual; escoitar e aprender das persoas con discapacidade, as súas familias e entidades que loitan polos seus dereitos; celebrar a diversidade, valorando as habilidades e talentos únicos de cada persoa; e promover a conciencia social.

A Vicesecretaría de Política Social do Partido Popular ourensán sostén que “debemos avanzar cara un futuro onde a discapacidade non sexa un obstáculo, senón unha oportunidade para aprender, crecer e celebrar unha sociedade máis xusta, inclusiva e chea de posibilidades para todos e todas”. Por elo, apelan a actuar desde a unión, a escoita activa e o compromiso social baixo o parámetro da “igualdade sen límites”, pois deixan claro que “as persoas somos distintas, pero nunca inferiores. Somos iguais”.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

A Deputación destina unha axuda de 600.000 euros para a modernización da instalación do...

0
A Xunta de Goberno tamén concedeu axudas á cooperación con diferentes entidades culturais, empresariais e deportivas, así como con municipios por un importe de...

Publicacións Relacionadas