Home Ourense O PP de Ourense reclama ao Estado que remate coa “inacción” na...

O PP de Ourense reclama ao Estado que remate coa “inacción” na axuda aos retornados e maior axilidade na concesión de permisos de residencia

- Anuncio -
  • Os membros da Vicesecretaría, que preside Antonio Rodríguez Miranda, planificaron a actividade a desenvolver en 2025, co obxectivo de realizar un estreito seguimento  da realidade dos máis de 100.000 ourensáns que residen no exterior, así como da gran cantidade de retornados que hoxe volven a residir na provincia para axudalos nas súas necesidades

O PP de Ourense reclamará ao Estado que remate coa “inacción” na axuda aos retornados e unha maior axilidade nos prazos de concesión de permisos de residencia. Estas foron dúas das cuestións analizadas na reunión que mantivo a Vicesecretaría de Emigración do PP ourensán, que preside Antonio Rodríguez Miranda, encontro no que se planificou a actividade a desenvolver en 2025. O obxectivo é realizar un estreito seguimento  da realidade dos máis de 100.000 ourensáns que residen no exterior, así como da gran cantidade de retornados que hoxe volven a residir na provincia para axudalos nas súas necesidades.

Miranda destacou que a Vicesecretaría tamén se ocupará de “entender e atender” as necesidades e demandas da nova poboación ourensá e as súas familias  que, sen ser españolas, chegaron de diferentes partes do mundo, sobre todo de América, e que xa son parte da sociedade da provincia.

Nesta liña, os membros da Vicesecretaria de emigración terán encontros periódicos cos distintos colectivos e desenvolverán actividades informativas e de reflexión que permitan axudar a resolver as problemáticas que mais os preocupan.

O capítulo de reivindicacións tamén estará presente, de tal xeito que desde o PP de Ourense reclamarase ao Estado unha mellora dos procedementos e sobre todo dos prazos na concesión de permisos de residencia, problema que impide a estas familias a súa incorporación con normalidade nos diferentes ámbitos da sociedade. Desde a propia Vicesecretaría constátase, a través de testemuñas, situacións de irregularidade no acceso a estes servizos que os responsables do Estado na provincia deberían corrixir.

Tamén pedirase ao Estado que actúe para axudar aos retornados. A administración galega xa presta este servizo cun “importante esforzo e claro compromiso político”, subliñan os membros da Vicesecretaría, suplindo a “inacción” do Estado, que ten a práctica totalidade das competencias en materia de retorno, é dicir, que ten a obriga xurídica de facelo e sen embargo non está actuando.

Relacionadas

Luis Menor aposta por consolidar a colaboración en materia de Emerxencias e Protección Civil...

0
O presidente provincial comprométese a continuar a colaboración da Deputación coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil, mantendo as axudas implementadas en 2024 para...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o regreso do pintor Xoti de Luis ao...

0
O artista inaugurou unha mostra na que consegue “traspasar o muro cotiá” coa súa creatividade A mostra poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo A...

Publicacións Relacionadas