Home Ourense O Pereiro de Aguiar O PP de Pereiro de Aguiar e DO asinan un pacto que...

O PP de Pereiro de Aguiar e DO asinan un pacto que reforza do goberno local

- Anuncio -

· O acordo supón a incorporación do concelleiro de DO, Francisco González, ao equipo que preside o alcalde, Luis Menor, permitindo afondar nos obxectivos estratéxicos do goberno local e contribuíndo a consolidar a cooperación co Concello de Ourense, onde gobernan os dous partidos

· O candidato á reelección da presidencia do PP, Manuel Baltar, saudou un pacto que implica “un paso máis na acción política do partido de Ourense, que fai gala da súa vontade de cooperación aínda que non precise de apoios políticos para conformar unha maioría absoluta”

O Partido Popular de Pereiro de Aguiar e Democracia Ourensana asinaron hoxe un pacto de goberno que reforzará a maioría absoluta do equipo que dirixe o alcalde, Luis Menor, ao que se incorporará o concelleiro de DO, Francisco González. Un acordo parte da coincidencia programática de ambas formacións, practicamente desde o comezo do mandato e con propostas conxuntas, que ademais de afondar nos obxectivos estratéxicos do goberno local tamén contribuirá a consolidar a cooperación co Concello de Ourense, onde gobernan os dous partidos, en cuestións de gran interese para esta área metropolitana.

O Partido Popular de Pereiro de Aguiar expresou a súa satisfacción por un pacto que incrementará a nove número de concelleiros do grupo de goberno, fronte aos catro do PSOE como único partido da oposición, demostrando así a vontade do PP de chegar a acordos en beneficio da veciñanza.

Ademais, o acordo supón unha clara mostra de vontade para traballar conxuntamente polos obxectivos que e ten marcados o goberno local en materia económica, políticas sociais, infraestruturas, servizos, promoción turística, deporte e ocio, medio ambiente, entre outros.

O candidato á reelección da presidencia do Partido Popular, Manuel Baltar, mostrou a súa satisfacción por un pacto que implica “un paso máis na acción política do partido de Ourense, que fai gala da súa vontade de cooperación aínda que non precise de apoios políticos para conformar unha maioría absoluta”. Este é o camiño, dixo, “que temos que manter como exemplo do que significa o servizo público, e cantos máis sexamos máis faremos e máis fortes e maior capacidade de resposta teremos diante das demandas da veciñanza”.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas