· O candidato á presidencia da agrupación local do PP de Ourense proseguiu esta tarde no Restaurante O Coto a campaña interna de fronte ao congreso extraordinario do próximo 23 de xullo
· Despois de dialogar cos afiliados dos distritos Centro, O Couto-rural, O Couto-centro, A Rabaza-Ceboliño e Centro histórico, Manuel Cabezas estará o luns no centro cívico da Ponte coa militancia da Ponte-centro e A Ponte-rural
Manuel Cabezas continuou esta tarde no Restaurante O Coto a campaña electoral interna que desembocará o próximo 23 de xullo no congreso local extraordinario do PP de Ourense, unha cita no Centro Cultural Marcos Valcárcel ao que se presentará designado polo Comité Organizador como único aspirante despois de validarse os avais á súa candidatura, presentados o pasado luns na sede provincial do partido.
Cabezas dialogou esta tarde cos militantes de Centro, O Couto-rural, O Couto-centro, A Rabaza-Ceboliño e Centro histórico, dentro da rolda de encontros que manterá cos afiliados dos nove distritos da cidade.
Durante a reunión de hoxe, o candidato popular resaltou que o “PP é un partido de goberno” e mostrouse convencido de que sumando esforzos, “co apoio da militancia, simpatizantes e os veciños”, o Partido Popular será capaz de “construír un goberno de maioría, capaz de recuperar a liña de futuro e crecemento que tivo Ourense entre 1995 e 2007”.
Para este obxectivo, avanzou Manuel Cabezas, é necesario impulsar “un proxecto de cidade ilusionante, como o que tivemos neses 12 anos de gobernos con maioría absoluta e que agora debemos recuperar, para dar a Ourense o que Ourense merécese”.
PECHE DA CAMPAÑA INTERNA.
Manuel Cabezas pechará o luns, 18 de xullo, a campaña interna no local da asociación de veciños da Ponte, co seu encontro cos militantes da Ponte-centro e A Ponte-rural.