HomeOurenseO PP proporá dez iniciativas marcadas polo seu carácter social e medio...

O PP proporá dez iniciativas marcadas polo seu carácter social e medio ambiental, ademais de reforzar a aposta polos servizos públicos e a cultura

- Anuncio -spot_img

As iniciativas foron consensuadas coa deputada non adscrita Monserrat Lama, nun decálogo que segundo o portavoz popular, Plácido Álvarez, nace “da realidade da nosa provincia e se constrúe a partir de escoitar aos veciños, concellos e o tecido socioeconómico”

Plácido Álvarez remarca a “visión provincial deste decálogo, que pretende tecer novas liñas de cooperación mentres aposta polas nosas potencialidades e reforza o carácter social e medio ambiental deste goberno provincial”

O voceiro recoñece o traballo do BNG, que participará no debate coas súas dez propostas, fronte o “absentismo” do PSOE de Rafa Villarino: “Unha vez máis temos que lamentar a ausencia dos socialistas. En lugar de traballar para mellorar Ourense deixan as súas cadeiras baleiras nunha actitude tan irresponsable como autodestrutiva”

O grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Ourense rexistrou esta mañá o seu decálogo de propostas para o debate sobre o estado da provincia que se celebrará o próximo martes, 8 de novembro, documento no que se fai constar que as iniciativas foron consensuadas coa deputada non adscrita Montserrat Lama.

O voceiro popular, Plácido Álvarez, remarca que estas propostas “volven a demostrar unha acción de goberno marcada pola visión provincial para atender aos retos de Ourense dende unha perspectiva supramunicipal, tecendo novas liñas de colaboración cos concellos, apostando polos nosos motores económicos e identitarios, como o termalismo; cun marcado carácter social, reforzando a loita contra a soidade e as fendas de xénero; e avanzando na sostibilidade”.

O decálogo de iniciativas, destaca Álvarez, “nace da realidade da nosa provincia e se constrúe a partir de escoitar as demandas e as necesidades dos veciños e de todo o tecido socioeconómico da provincia”.

“Por iso, este decálogo aposta por avanzar na potenciación do termalismo cun programa de dixitalización e tamén enfronta a crise enerxética a través da Oficina Provincial da Sostibilidade; ademais do Plan de travesías accesibles, sostibles e seguras, marcado pola redución de emisións de CO2 e a mellora da accesibilidade e seguridade”, explica o voceiro do grupo provincial popular, que remarca a obriga de blindar “os mellores servizos públicos para os veciños dos 92 concellos ourensáns, nunha liña de traballo na que tamén propoñemos a creación do servizo provincial de prevención e control nos servizos do ciclo hidráulico e dos residuos municipais”.

Ademais, no ámbito da cooperación, “queremos impulsar a creación dunha plataforma inmobiliaria do rural e a reforzar aínda máis a eficacia do servizo de axuda no fogar prestado polos concellos en colaboración coa Deputación de Ourense”. Porque, explica Plácido Álvarez, o carácter social marca a este goberno provincial: “E volve a quedar demostrado nun decálogo no que tamén sobresae o novidoso programa contra a soidade non desexada, a promoción da igualdade de xénero a través do deporte e o programa de actividades inter xeneracional”.

O decálogo complétase coa proposta para activar unha exposición itinerante, “Ourensanía no Tempo”, para “difundir a historia de Ourense e seguir creando provincia”, segundo remarca o voceiro do grupo provincial do PP.

O voceiro popular quixo recoñecer o traballo do BNG, que participará no debate do próximo martes coas súas dez propostas, fronte o “absentismo” do PSOE de Rafa Villarino: “Unha vez máis temos que lamentar a ausencia dos socialistas. En lugar de traballar para mellorar Ourense deixan as súas cadeiras baleiras nunha actitude tan irresponsable como autodestrutiva”

Publicacións Relacionadas